Novas por contido

O 31 de xaneiro en Ferrol, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña iniciou o calendario de movilizacións ante as pretensións da Consellería de amortizar máis postos de traballo de atención directa, así como do peche dun Centro de Protección de Menores en Ourense e o incerto futuro do Centro de Protección de Menores Soutomaior de Ferrol.

Eludindo as súas responsabilidades legais e constitucionais, a Consellería de Traballo e Benestar vén recortando sistematicamente os recursos públicos de atención aos sectores da poboación máis desfavorecidos primando, de xeito descarado e sen xustificación ás empresas privadas.

Baixo a excusa da crise, da austeridade e da contención de gasto, a Consellería de Traballo e Benestar destrúe postos de traballo público en servizos tan básicos coma a atención á dependencia, a atención aos menores en situación de desamparo ou en risco social có cal vemos perigar o sistema de protección público ao que está obrigada a Xunta de Galicia.

Ante tanto desatino, ante a política de destrucción de postos de traballo, ante a venta ao mellor postor dos servizos sociais públicos, o Comité de Empresa de a provincia de A Coruña, ven de iniciar o seu calendario de movilizacións coa finalidade de que a sociedade coñeza a verdadeira envergadura da problemática que excede do meramente laboral para convertirse nun problema social onde os máis prexudicados son os colectivos máis vulnerables da nosa sociedade, tales como os menores, os maiores dependentes ou os discapacitados.

Mañán mércores 1 de febreiro ás 11 da mañá, terá lugar unha concentración diante do Centro de Menores San José de Calasanz ao que se lle elimina o servizo de cociña, unha decisión por parte da Consellería totalmente infundada que o único que vai acadar é un claro prexuizo para os menores ao cargo da institución.

O vindeiro mércores 8 de febreiro, ás 12’30h a concentración realizarase diante da Xefatura Territorial de A Coruña (Mercado de Elviña) e o xoves 9 será diante da Residencia de Maiores Porta do Camiño de Compostela.

Facemos un chamamento dende o Comité de Traballo e Benestar de A Coruña a toda a cidadanía para que exixan á Xunta de Galicia que non recorten os seus dereitos sociais. Porque o Estado de Benestar non é unha esmola, senón que é un dereito de toda a poboación e que é sufragado cós impostos de todos nós.


Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...