Novas por contido
O Comité de Empresa do Centro de Menores de Montealegre concentrouse diante da EGAP, ás 14:00 deste martes.

A CIG-Administración denuncia que este martes, a Consellaría de Traballo e Benestar consumou “outra aldraxe contra a provincia de Ourense” ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas. É dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o desemprego é especialmente preocupante. Para denuncialo, os membros do Comité de Empresa concentráronse diante da EGAP, contra o peche do Centro de Menores de Montealegre e todas as amortizacións que acaba de aprobar a Xunta, que ascenden a un total de 70 prazas.

Outra das decisións que adoptará hoxe a administración é, segundo informa o sector da autonómica da CIG-Administración de Ourense, a eliminación doutro servizo público, o peche do Centro de Menores de Montealegre. Un centro senlleiro en Galicia, que leva facendo unha laboura inestimable dende hai máis de 50 anos na Cidade de Ourense.

O peche do Centro de Menores de Montealegre, coa escusa da realización de obras de mellora, é “a demostración palpable da destrución dos Servizos Públicos e da eliminación de postos de traballo na provincia de Ourense”, aseguran.

En contra destas amortizacións, en contra do peche do Centro de Menores de Montealegre, e na defensa dos servizos públicos, o Comité de Empresa convocou unha concentración diante da EGAP, este martes en Santiago de Compostela, para exixir o compromiso da Consellería de Traballo de que cando rematen as obras o Centro de Menores de Montealegre sexa aberto de novo como un Centro Público dotado do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia, así como a non amortización dos postos de traballo propostos.

Outras novas recentes

Martes, 01 Xullo 2025

RPT ATURGA, RPT Adminstración Especial, concurso persoal vaterinario e concurso varias escalas de subgrupos C1, C2 e AP (CP 27/06/25)

Na Comisón de Persoal celebrada o pasado venres 27 de xuño tratáronse os seguintes temas:Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Axencia de Turismo de Galicia A Axencia de Turismo amortiza tres postos vacantes que pertencían á axencia (non abertos ao persoal da Xunta) para crear cinco en RPT (dous de corpos xerais e con maior nivel, e outros 3 postos...
Xoves, 03 Xullo 2025

A carreira profesional volve á mesa de negociación (17/07/25), acompañada dunha BOMBA PARA A CARREIRA ORDINARIA

Sete meses despois do primeiro borrador, envían para a Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) e Mesa Xeral (MX) de Empregados Públicos do xoves 17 uns novos textos dos graos I, II e III extraordinarios da carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento do desempeño para o persoal laboral). Á Dirección Xeral de...
Martes, 08 Xullo 2025

Comisións de servizo na escala extinta de Axentes forestais (C2)

Tras unha sentenza firme a Dirección Xeral de Emprego Público xa autorizou 3 comisións de servizo na escala de axentes forestais (corpo de auxiliares técnicos da escala C2) A CIG protesta pola decisión de Emprego Público e solicítalle unha reunión urxente coas consellerías para arranxar a situación anacrónica das RPT, valorando eliminar o C2 nos postos que non están...