Novas por contido

O 27 de xaneiro tivo lugar na EGAP outra reunión de fusilamento dos centros públicos de Benestar, con novas amortizacións a maiores das xa propostas. Mentres a reunión tiña lugar, ás portas xuntáronse máis de 200 persoas e os catro sindicatos presentes na Mesa Xeral de negociación en sinal de protesta.

Por parte da consellería houbo unha evidente falta de respecto ao cambiar primeiro de data de reunión e despois, cando se enteraron de que había unha concentración prevista para protestar polas amortizacións que se están a producir de lugar.

Acordamos entre as catro centrais sindicais que entrariamos a reunión, pero que si non garantían a continuidade do Centro de Menores de Montealegre como centro público con persoal da Xunta de Galiza, nos levantaríamos e nos marchamos da reunión. Por desgraza, tivémonos que levantar xa que, ademais de non garantir a continuidade do dito centro, propuxeron  amortizacións adicionais.

As persoas representantes da consellaría comunicaron as seguintes modificacións feitas desde a primeira xuntanza:

  • Retiran o requisito de carnet de conducir para os/as educadores/as

  • Os traslados sin amortización se farán si hai un acordo co/a traballador/a e queda reflectido en acta, en vez de amortizar e crear.

  • Na fusión do complexo  Soutomaior-Virxe do Carme confirman que o nome non é definitivo e que non significa máis que poñer un nome.

  • As prazas de Soutomaior mantéñense aínda que “neste momento non ten rapaces/as” Si a tendencia é de baixar MENAs (Menores Estranxeiros Non Acompañados) ,” xa se verá o que se fai”.....( O que non din é que se derivan os nenos e nen.as a centros con xestión privada ou privados, como Palavea, con ONGs tipo dignidade, que polo visto non cobran e traballan por amor á humanidade)

  • Non se reducen centros nin servizos, (só se privatizan) (debe ser como a enerxía, nin se crea nin se destrúe, só se transforma...)

  • A comida para o San José de Calasanz será feita nun centro público, no CAPD de A Coruña, este comentario vai en consonancia co comentario anterior, non se eliminan servizos, só se pechan cociñas e se amortizan as prazas...

  • En Traballo as seccións de cooperativas se lle retira os requisitos imprescindíbeis e pasan a mérito.

  • Modificación da memoria anterior (non nos presentan por escrito a nova memoria – non sei si pensan que non sabemos leer- pero explícannola- polo menos a explican de palabra)

  • Créase un/unha praza de DUE na residencia de As Gándaras de Lugo. 

  • Encargado/a Residencia de Montealegre pasa a Xefe/a de Negociado na X. T. De Ourense.

  • O/a educador/a de A Carballeira en quenda de noite retíraselle a quenda e pasa a entrar en quendas.

  • Amortízase unha praza de Oficial 1ª de Mantemento en Cabeza de Vaca.

  • No centro sociocomunitario de Fene a praza que se ia a crear xa non se crea.

  • No CAMP de Sarria non se crea un/ha oficial 1ª de cociña e pasa a crearse un/ha oficial 2ª de cociña

  • En Volta de Castro pasa a ser de media xornada a/o Fisioterapeuta. 

  • Crean unha praza de camareira/ limpadora na Residencia de Carballo para ascribir á limpadora da Casa da Xuventude á que se lle amortiza o posto


No referente ao Centro de Menores de Montealegre, volveron a decir que tiñan pensado facer obras que durarán uns 18 meses e que aínda non saben si vai a ser público ou non.

A CIG manifesta que non vai a facer ningunha intervención mentras non se presente unha memoria sobre cal vai ser o futuro dos centros públicos da Xunta de Galiza, nomeadamente co Centro de Menores Montealegre. Todas as persoas representantes das organizacións sindicais levántanse da xuntanza e abandonan a sala en sinal de protesta.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...