Novas por contido

Con motivo do día internacional da Saúde e Seguridade no traballo dende a CIG queremos insistir, unha vez máis, na falla de actividade preventiva na loita contra os incendios forestais.

Segundo a Lei de prevención e riscos laborais a empresa é responsábel da seguridade das súas traballadoras e traballadores, a actividade da extinción de incendios forestais é un servizo público no que a Xunta de Galicia ten a dirección da actividade. Polo tanto a Xunta ten a obriga de velar pola seguridade das súas traballadoras/es.

Por desgraza, a Xunta declina esa responsabilidade e non se fai cargo dela xa que a avaliación de riscos fíxose por unha denuncia da CIG e, a día de hoxe, falta a aplicación dun plano preventivo para minimizar os riscos e a aplicación de protocolos de actuación.

Ademais diso denunciamos que se está a pór en perigo a vida e a saúde dos traballadores/as co agravante da rebaixa escandalosa da calidade dos equipos de protección individual e o material de traballo que se lle está a repartir á plantilla do SPDCIF ao que hai que sumar a nula cobertura de baixas, xubilacións o que provoca que as cuadrillas do persoal de extinción se vexan mermadas no número de efectivos que acaban poñendo en perigo aos traballadores e traballadoras.

Para denunciar todo o anterior a CIG convoca unha concentración o venres 27 de abril ás 11:00 diante da casa de chocolate de Ourense e estamos a estudar a traslación á fiscalía da información anterior.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...