Novas por contido

Hoxe, 25 de outubro, varios membros da Xunta de Persoal tivemos unha xuntanza coa representante da Secretaria Xeral de Turismo, Elena Barca, polo tema do traslado da actual Secretaria Xeral para o Turismo para os locais da Barcia, onde esta agora Turgalicia. Comentounos o seguinte ás nosas preguntas de cando, como e en que condicións se vai facer o traslado do persoal:

- A data exacta de marchar non a sabe; aseguran que nin Facenda, que sería quen organizase o traslado, a sabe con certeza. Afondando no tema, asegurounos que primeiro téñense que ir o persoal que está alí e que non forma parte da axencia, por exemplo: o Instituto Ramón Piñeiro. Logo farían un plan organizativo, este non será antes da toma de posesión do novo Goberno e despois, aínda antes de facer obra, falou de que teñen que facer máis aseos e máis prazas de aparcadoiro, pintar, rede informática, etc. Xa que logo, como moi pronto, ata primavera do 2013 non se realizará o traslado.

- O argumento para irse á Barcia é porque é onde máis sitio teñen libre e onde máis traballadores están nestes intres (tendo en conta o persoal de Turgalicia que formará parte tamén da nova axencia). Asegúrasenos que os que van caberán folgadamente e estarán todos xuntos (cos dos outros entes) na futura Axencia de Turismo, xa que o unificarse terían os mesmos servizos comúns.

- A Axencia de Turismo constituirase oficialmente o 9 de decembro pero até que estean todas as obras rematadas nos se producirá o traslado, ou sexa, non é inminente.

- A interlocutora da secretaría xeral comprometeuse a informar á Xunta de persoal e a os traballadores que o desexen de calquera cambio ou plan que haxa para o traslado.

- Advertímoslle que até que estean as obras rematadas que non se de a orde de traslado, se non, a través do Servizo de Prevención iamos a denúncialo e intentar parar calquera cambio prematuro e sen os medios necesarios. Tamén lle transmitimos que se hai malas comunicación de transporte público que a secretaría medie primeiro, antes de marchar, coas empresas de transporte, tanto do urbano como de traballadores, para facilitar o acceso ás novas instalacións.


Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...