Novas por contido

O martes, 9 de outubro, a Xunta de Persoal dos servizos centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Ratifícanse os acordos sobre as mobilizacións, decididos na asemblea do día 3 de outubro, que se concretan en continuar coas concentracións dos xoves, coa novidade de que apartir de agora serán vestid@s de negro. Ao rematar o mes valorarase a necesidade de convocar outra asemblea no suposto de que a participación fose escasa. Abandónase a acción dos mércores sen consumo, debido ao pouco efecto que tivo.

  • Acórdase realizar un comunicado no que se relaten os ataques aos servizos públicos e aos propios traballadores públicos feitos dende o actual goberno da Xunta de Galicia e no que se faga un chamamento masivo á participación nas eleccións do día 21 de outubro e se pida que se vote responsablemente tendo en conta as anteditas agresións.

  • Dedidiuse remitir un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Familia dando conta das queixas que nos fixeron chegar as persoas usuarias da Gardería de Vite (suba execesiva no prezo, supresión do almorzo,...), entre as que se atopan moitos pais e nais traballadores púbicos da Xunta de Galicia.

  • Acordouse solicitar unha reunión con Mar Pereira para darlle conta da problemática que ten o persoal do AMTEGA, no referente ás súas condicións de traballo, eliminación de cámaras de vixiancia nos postos de traballo, necesidade de marquesiñas,... e, de paso, recordarlle o escrito que ten sen contestar, referido ás carencias no transporte urbano. Tamén se decidiu dirixir un escrito ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais informando das malas condicións de traballo por si fora necesario intervir. Por último, decideuse solicitar unha entrevista cos responsables de persoal do AMTEGA co obxecto de que aclaren diversas cuestións relativas á contratación de 40 persoas para realizar funcións propias do persoal da axencia.

  • En relación co traslado inminente do persoal da Secretaría Xeral para o Turismo dende a Plaza de Mazarelos cara ás instalacións que TURGALICIA ten na Barcia. Acordouse solicitar unha reunión cos seus responsables sobre en que momento se vai facer efectivo e a que lugar, xa que parece ser que o referido edificio está en parte del apuntalado, con funcionamento moi deficiente do sistema de calefacción, malos cheiros derivados dunha fosa séptica próxima...

  • Ao respecto do traslado da Axencia de Innovación, decidiuse solicitar unha reunión cos seus responsables para que nos informen sobre as previsións do traslado.

  • Con relación á problemática transporte urbano e interurbano, e tendo en conta que temos coñecemento a través do xerente de MOMBUS de que a empresa está disposta a incorporar a maioria das esixencias que a Xunta de Persoal formulou no seu día, entre elas a de incorporar ao transporte urbano, para poder asinar o pacto coa C.de Presidencia, AAPP e Xustiza, acordouse mandarlle un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da consellería, acompañando o correo remitido por MOMBUS, e instando á súa responsable a que faga movementos en relación coa sinatura do antedito pacto. Decideuse dar traslado este acordo ao Comité de Empresa.

  • Por último, no apartado de suxestións decidiuse: remitir un escrito a Función Pública instando a que convoquen ás organizacións sindicais para reactivar os procesos pendentes; dirixir un escrito ao concello solicitando un punto de luz no paso de peóns que está pegado á nova rotonda da entrada ao aparcadoiro, á vez que acordouse presentar unha denuncia diante da Policía Local; e solicitar unha reunión co Vicesecretario da Consellaría do Medio Rural e do Mar porque parece ser que o caso da profesora numeraria interina segue sen resovlerse.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...