Novas por contido

A ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por parte do Consello de Ministros o pasado venres do Real Decreto 1483/2012 de despedimentos colectivos, que será de aplicación a todo o persoal laboral das Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal, senón tamén ao persoal fixo por oposición). O dito decreto vén de ser publicado no BOE do 30/10/2012.

De acordo co Título III do dito real decreto 1483/2012, abondaría para aprobar o despido colectivo do persoal laboral nun determinado organismo ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia orzamentaria sobrevida e persistente, entendida como a diminución dun 5% do orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior, ou do 7% nos dous anos anteriores; mentres que, para aprobar o despido colectivo por causas organizativas, abondaría con xustificar que a externalización do servizo producise unha redución de custos (art. 35.3.b) do RD 1483/2012).

Na práctica, isto permítelle ao Partido Popular, tanto no Goberno da Xunta como a nivel do Estado, producir por razóns políticas as causas que habiliten o despedimento de persoal laboral.

No decreto, por outra banda, nin sequera se garante a preferencia de permanencia do persoal laboral fixo, que será meramente potestativa para o organismo que aprobe o despedimento colectivo no caso do persoal laboral que superase un proceso selectivo (art. 41.1 do RD 1483/2012).

Dada a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto básico do empregado público que remate coa garantía de emprego do persoal funcionario, a CIG-Autonómica anuncia que adoptará todas as medidas posibles a nivel xudicial contra este real decreto e chama a todos os traballadores e traballadoras da Xunta a secundar todas as accións en contra das políticas do Partido Popular e da Troika, que esixen unha mobilización contundente na vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.

Referencia no web da Moncloa

Descargar o Real decreto 1483/2012, publicado no BOE do 30/10/2012

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.