Novas por contido

Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: a regulación do despedimento colectivo no Sector Público (descargar o borrador do RD).

1º. Se se regula é porque se vai aplicar. Quen ninguén se engane pensando que se trata simplemente dun desenvolvemento regulamentario sen máis. Unha vez que as instancias políticas dispoñan dese instrumento vai ser utilizado.

2º. Afecta a todas as Administracións Públicas incluída á Administración da Xunta de Galiza.

3º. Afecta a todo o persoal laboral, non só a temporais e indefinidos, senón ao persoal laboral fixo que superou procesos selectivos para ao acceso a tal condición.

4º. Está en poder da Administración decidir se existen causas de despido colectivo ou non:

  • No caso de causas económicas, abonda con infradotar orzamentariamente cun 10% a calquera consellaría ou ente para que se entre nun proceso de despedimento colectivo
  • No caso de causas organizativas, abonda con xustificar que o servizo se poida prestar externamente reducindo custos.


5º. O único criterio para priorizar a afectación dos despedimentos vai ser que se superase un proceso selectivo, só cando así o estableza o organismo. A partir de aí non existen criterios, nin a antigüidade, nin ningún outro, quedando expedita a vía da selección arbitraria por parte da Administración de a quen despedir e a quen non.

6º. Constitúe unha referencia para a modificación do EBEP de cara a rematar coa permanencia dos/as empregados/as públicos/as, especialmente dos funcionarios/as de carreira, que poderían ver como no futuro desaparece calquera garantía neste sentido.

7º. É un paso máis non só para reducir a Administración, senón para privatizala, ao permitir que empresas privadas asuman tarefas desenvolvidas por empregados públicos.

É tamén realmente preocupante que un borrador desta importancia para a xeneralidade dos empregados públicos, non fose posto en coñecemento da CIG. Foi durante a rolda de intervencións da Mesa Xeral de Empregados Públicos da Xunta de Galiza, o pasado mércores 1 de agosto, cando a Dirección Xeral da Función Pública anunciou que estaba en trámite esta disposición a nivel do Estado, sen facilitárselle á CIG documento ningún, apesar de que a CIG ten a consideración de sindicato máis representativo e con presenza na Mesa Xeral de Administracións Públicas en Madrid. Dáse a circunstancia de que outras organizacións sindicais dispoñen deste borrador como mínimo desde o 27 de xullo, data do documento do que hoxe dá conta a prensa e que xa a está a circular por internet.
Rexeitamos tamén que se veñan de facer alegacións por parte dalgunhas centrais sindicais no canto de rexeitar de plano este aberrante Real Decreto.
Desde a CIG facemos un chamamento a todos/as empregados/as publicos/as a continuar mobilizándose contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos Servizos Públicos.


Descargar o borrador do Real Decreto de despidos colectivos


Máis información en prensa:

"El País" do 7 de agosto de 2012

"Faro de Vigo" do 7 de agosto de 2012

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.