Novas por contido

O xoves, 21 de febreiro, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Delegar na Comisión Permanente a adopción de acordos relativos ao lanzamento dunha campaña de carteleria co obxecto de concienciar ao colectivo que representamos da necesidade da mobilización na actual situación que padecemos, e na determinación de accións concretas a desenvolver por parte das delgadas e delegados.

  • Elaborar un comunicado en relación co primeiro despedimento colectivo que se está a producir na Xunta de Galicia e darlle traslado á prensa e ao conxunto dos traballadores, asi como a remisión dunha carta ao Presidente da Xunta na que manifestamos a nosa oposición á medida.

     

    Manter unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública para esixirlle a modificación da normativa que regula as comisións de servizos e a recollida das comisións de servizo irregulares que coñezamos para darlle traslado á Fiscalia.

  • Instar da DXFP que se inicien as actuacións para que se lle devolvan os cartos a aquelas persoas que decidan voluntariamente darse de baixa nas listas de substitucións, tendo en conta a conxelación de chamamentos por mor das restriccións operadas nas dúas últimas Leis de Orzamentos.

  • En relación co uso irregular das asistencias técnicas, tanto por usaren instalacións da Xunta de Galicia, como por desempeñar tarefas propias das empregadas e empregados públicos, acordouse remitir un escrito dandolle conta das que temos coñecemento e consideramos irregulares e delegar na Permanente para que contacte cos parlamentarios dos distintos grupos para que den conta delas en sede parlamentaria. Asi mesmo acordamos manifestarnos diante das sedes das principais empresas (TRAGSA, ALTIA,…).

  • Solicitar á S.X.T. da C. de Presidencia a ampliación da horario da apertura da acceso ao edificio pola entrada da C. de Facenda ata ás 16 h.

  • Solicitar información sobre criterios de selección dos titores dos cursos de informática impartidos pola EGAP no marco do AFEDAP e sobre os horarios establecidos para as titorias, asi como solicitar unha xuntanza coa AMTEGA para solucionar este tema.

  • Comunicación á DXFP, á SXT e do Patrimonio da C. de Facenda, ao Parlamento e á prensa da comisión dunha irregularidade por parte do Subdirector Xeral do Tesouro, por utilizar o seu cargo, os medios da Xunta de Galicia e o seu tempo de traballo para o desenvolvemento da súa actividade empresarial privada (preparación de oposicións).

  • Remitir sendos escritos ao Concello de Santiago e á S.X.T. da C. de Presidencia, dandolle conta da problemática do tráfico de vehículos e dos atascos que se producen á hora de saída, para que tomen as medidas oportunas, e instar deses dous órganos que, co fin de paliar o problema de insuficiencia de aparcadoiros que temos últimamente, habiliten o aparcadoiro frontal da entrada principal de San Caetano para uso exclusivo dos traballadores da Xunta de Galicia, entre as 7:30 e as 15:30.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...