Novas por contido

Máis aló da fiabilidade da súa palabra, a Xunta de Galiza mantén a rebaixa salarial dunha media do 4% aprobada nos Orzamentos do 2013.

O 1 de marzo, un día despois de que a conselleira de Facenda agradecía o esforzo dos empregados públicos polo novo recorte salarial aprobado nos Orzamentos do 2013, o ministro de Facenda e Administracións Públicas facía un anuncio público no que descartaba aplicar novos axustes.

A conselleira de Facenda agradecía nunha nota de prensa o noso esforzo e aseguraba que, cun recorte do 4% de media, aínda cobraríamos máis que no 2012. Nin os agradecementos nin a teima de que gañamos máis que o ano pasado son novos nin serven para evitar o cabreo do persoal da Xunta. O que sí é novo e acrecenta o noso descontento é que isto se produza xusto un día antes de que o Goberno de Madrid anuncie que non vai impoñer novas rebaixas salariais con carácter básico.

Está claro que a Xunta de Galiza é un laboratorio de experimentación cos traballadores públicos, xa o foi coa Lei de medidas e o volve a ser agora co recorte salarial dos Orzamentos 2013. Mais desta volta a modificación parece que non atopara seguimento ou establecemento de nivel básico pola Administración Xeral do Estado.

A situación social, con diversas tramas de corrupción do PP aflorando, desaconsella seguir pola vía da tesoira, canto menos durante un tempo. Pois ben, as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza imos ter que cargar en solitario con este novo recorte anticipado.

E o peor de todo é que esta rebaixa salarial se efectuaba, dicía Feijòo, para evitar ter que facer despedimentos. Pouco despois atopabámonos con propostas de amortizacións, ou comunicacións de que as haberá, de máis de 1000 postos de empregos públicos, e non todos están vacantes. Sirva como exemplo a proposta de Traballo e Benestar de amortizar 251 postos que vai implicar o despedimento de 40 persoas.

Pola contra, mentres se reduce o gasto en persoal propio, afóndase no desvío da prestación dos servizos públicos a empresas privadas. Moitas das facturas que hai nos caixóns corresponden a gastos innecesarios, ben por superfluos, ben porque podían ter sido realizados con traballadoras e traballadores públicos. Agora volven a reducir persoal propio e volverán a xustificar novas facturas para atender a desatención á que quedara exposta a prestación dos servizos públicos por estes novos recortes.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...