Novas por contido

O Consello da Xunta do xoves 18 de abril anunciou o proxecto da Orde pola que se regula a xornada e horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Para cando fixeran público o resumo do Consello, xa antes "La Voz de Galicia" lanzara a información sobre o asunto.

Ese mesmo xoves, pola tarde, fomos convocados a unha xuntanza para o día seguinte pola mañá. Na convocatoria que nos achegou a Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa nos dín que "O texto normativo repartirase na dita reunión e concederase prazo para formular as observacións que se estimen oportunas". Lémbranos esto a un cartel dun partido de fútbol entre o Caritel e o Esfarrapada onde dicía: "Ao final repartirase unha tapa de churrasco gratis e concederase unha foto co capitán do equipo" ou aquilo de "Se agasajará a los presentes con un vino español y se concederá al ganador un baile con la Reina de las Fiestas".

Hai dúas semanas foi o anteproxecto de Lei de racionalización do sector público, que nen sequera nos remitiron, a semana pasada foi o anteproxecto de Lei do Emprego Público e unha semana despois a Orde sobre flexibilidade horaria e teletraballo: para as dúas últimas, no tempo dunha semana, fomos convocados dun día para o seguinte a unha xuntanza sen documentación previa e cando xa algunha prensa afín fixera de altofalante dos seus amigos. Esto non é negociación, non é respeto aos empregados/as públicos/as, é soberbia, imposición, altivez, arrogancia.

Non entendemos a que vén tanto segredo cando xa onte adiantaron as principais novidades na nota aos medios de comunicación tralo consello. Pero sobre todo non compartimos a actitude de "repartir e condecer"; a Administración non reparte e concede os nosos dereitos de flexibilización nin negociación das nosas condicións laborais; os nosos dereitos son nosos porque así foron pelexados e foron recollidos en normas con rango de lei, non emanan pois da xenerosidade.

No PP van de sobrados. É tal a chulería que teñen que denigran a opinión das traballadoras e traballadores; nas nosas condicións laborais só existe unha visión: a súa. Por iso para eles o dereito á negociación colectiva non é máis que un convite a recoller un texto e "concedernos a gracia" de presentar algunha alegación no prazo que eles "estimen oportuno". Nen sequera se molestan os actuais dirixentes políticos en gardar un mínimo as formas, en amosar boa fe, en respetar aos representantes dos traballadores. Teñen a capacidade de impoñernos a súa vontade, pero que nos van ter que soportar que o teñan por seguro.

Mentres esto vamos discutir, o programa kronos non funciona en condicións. Un desastre de programa que custou 700.000 € máis 100.000 de mantemento.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...