Novas por contido

A Xunta de Persoal de SSCC fixo unha denuncia pública do comportamento irregular dun funcionario que ocupa un cargo de subdirector na Consellaría de Facenda. O dito funcionario utilizou os medios propios da Xunta e o seu cargo para unha actividade económica particular. En primeiro momento a Xunta de Persoal dirixiuse tanto a Función Pública como a Secretaría Xeral de Facenda para tratar de obter unha solución satisfactoria e, non habendoa, despois ao Parlamento.

Dado o amparo da consellaría deste tipo de conductas que denigran a honorabilidade do colectivo de persoal funcionario, a Xunta de Persoal, por unanimidade, decidiu denunciar públicamente este tema. Solicitan o cesamento inmediato da libre designación, a apertura de expediente do infractor e a depuración de responsabilidades ante esta actitude de cobertura de irregularidades dado que "non se pode consentir que exista unha casta de persoal funcionario por enriba da Lei".

NOTA DE PRENSA

O día 25 de febreiro, e por Acordo do Pleno da Xunta de Persoal dos Servizos  Centrais de San Caetano, a súa Presidenta instou, mediante escrito dirixido á Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Facenda, a realizar unha investigación sobre a presunta actuación irregular dun Alto Cargo desa Consellería.

Ditas actuacións consistían fundamentalmente en publicitar a preparación de oposicións de promoción interna ao Subgrupo A2,  mediante o envío de “mails” masivos a correos corporativos de traballadores da Xunta (convenientemente preseleccionados) en horario laboral e identificándose o preparador como Alto Cargo da Xunta de Galicia (concretamente como subdirector xeral do Tesouro) e facendo referencia indirecta a outros altos cargos que tamén colaborarían en dito cometido. Nos mails facíase referencia ao prezo das clases, horarios e temarios. Ademais incorporábase a publicidade da academia e unha folla de inscrición na mesma.

O pasado 26 de xuño a Xunta de Persoal recibe escrito da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio, da Consellería de Facenda, na que se comunica que efectuada unha “información reservada (sic)” sobre o asunto, entendese que “a conduta denunciada non aparece tipificada como tal na normativa aplicable”.

A xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia, por unanimidade dos seus 27 membros e das catro centrais sindicais con presenza na mesma, quere facer constar a súa indignación e malestar por esta actuación da consellería de Facenda, amparando e ocultando a gravidade dunha conduta dun alto cargo (Nivel 30, máximo cargo funcionarial), que se adica a empregar medios propios da Xunta para a publicación de actividades mercantís, facéndoo en horario laboral, e facendo ostentación do seu cargo para promoción de dita actividade privada, contrastando dita “indulxencia” coa severidade que, en xeral na Xunta de Galicia actual e en particular na Consellería de Facenda, se están a tratar os dereitos do resto dos empregados publicos.

Non se pode permitir que exista unha casta de empregados públicos que se crean por encima da Lei e que podan usar os cargos e as instalacións públicas como se fose o seu pazo particular e aínda por riba saír indemnes e crecidos.

Esiximos publicamente a incoación do correspondente expediente disciplinario e o cesamento do autor destas irregularidades e de continuar a actitude de amparo a estas prácticas por parte da Secretaria Xeral Técnica esixirase tamén a responsabilidade que lle corresponda.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...