Novas por contido

Como xa denunciara a CIG-Autonómica, a Xunta está a aproveitar a creación do Centro de Recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI) para repartir favores de xeito clientelar.

Neste sentido, no Decreto de creación do CRI (DOG 10/01/2014) aprobouse un sistema de provisión a todas luces irregular para o posto de director/a deste novo centro, ao contemplar que poida ser cuberto por persoal alleo á Administración Pública, a pesar de que se trata dunha unidade encadrada na Administración xeral, e que polo tanto debería dotarse obrigatoriamente con persoal laboral ou funcionario.

Agora, xa expostas as bases na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade, confírmase o denunciado pola CIG, constatándose que non se esixe para este posto formación en materia de igualdade (Psicoloxía, Psicopedagoxía ou Taballado Social, por poñer varios exemplos), nin tampouco formación en igualdade de oportunidades.

Paradoxalmente, a formación requirida é a titulación superior universitaria das ramas de coñecemento de Arte e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, que non teñen relación directa coa formación específica en materia de igualdade.

Por se quedaba algunha dúbida sobre a intención coa que se establece este proceso de provisión, no proceso de selección outorgaranse até 10 puntos por entrevista persoal, e 30 puntos pola entrega dun "proxecto de organización", que só pode se presentado durante o prazo de presentación de instancias (até o 4 de febreiro de 2014). Este proxecto só pode ser presentado até o 4 de febreiro de 2014, se ben o prazo das solicitudes xa remata o 28 de xaneiro; tal acurtamento dos prazos é outro indicativo da pouca concorrencia que queren facilitar.

Con estas bases queda acreditado, en resumo, que o que menos lle importa ao Partido Popular é a profundización en materia de igualdade a a loita contra os efectos da violencia de xénero, e que máis lle importa é convertir a Xunta nunha axencia de colocación de persoal alleo á Administración.

 Ligazón: bases reguladoras da convocatoria do posto de directora do CRI

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...