Novas por contido

O "Acordo de concertación social" no emprego público de Galiza, aprobado na Comisión de Persoal do 27/12/2018 co voto favorable de CCCOO e UGT, e en contra da CIG, inclúe a tan demandada "carreira profesional", un sistema ven a ser unha especie de pacto de "sexenios" que permitirá incrementar as retribucións en función da antigüidade.

A proposta inicial da Administración presentada polo verán estaba destinada exclusivamente ao persoal funcionario de carreira e ao persoal laboral que aceptase a funcionarización. Excluía ao resto do persoal laboral e ao persoal temporal/interino. Ao longo da negociación, algunha cousa mudou.

O ámbito de aplicación finalmente queda así:

  • Recoñéceselle ao persoal funcionario de carreira de Administración, agás unhas das escalas da lei 17/1989 (ver nota final).
  • Recoñéceselle ao persoal laboral fixo que se funcionarice (que acepte e supere a funcionarización). Queda excluido o persoal laboral fixo que non queira pasar a funcionario ou que non supere o proceso selectivo para a funcionarización.
  • O persoal laboral fixo de categorías ás que a Administración non lles ofreza pasar a funcionario, terán un sistema retributivo equivalente (ainda por negociar).
  • Ao persoal funcionario interino recoñeceráselles dentro de 6 anos o grao I. Ese será o seu máximo.
  • O persoal laboral temporal e indefinido, está excluído. 

O recoñecemento dun grao de carreira implica obter unha avaliación positiva polo cumprimento dunha serie de criterios que, no texto do acordo, tan só quedan definidos para o acceso ao grao I anticipado. Para os demais graos (anticipado II e todos os ordinarios), os criterios quedan por definir. Así que non podemos asegurar que no futuro sexa algo restritivo ou sometido a criterios subxectivos.

Se ben facilitan o acceso anticipado ao grao I e posteriormente ao grao II a quen teña certa antigüidade (e cumpra os demais requisitos que fixan), o feito de cambiar (ou ter cambiado) de corpo ou escala (por exemplo, por promoción interna), implica que o sistema de acceso ao grao seguinte será máis restritivo que o fixado para o acceso anticipado (farán falla cinco anos dende o cambio de corpo ou escala). 

Teñas un día de servizos ou teñas case cinco anos, no 2019 comezarán a computárseche os cinco anos de grao inicial e, seguindo o sistema ordinario, ata o ano 2024 non pasarás ao grao I.

A CIG entende a carreira profesional como un sistema de promoción horizontal vinculado aos servizos prestados, para todos e todas en función da antigüidade, sen exclusións, sen filtros e sen chantaxes.

Nota final: a Lei 17/1989 creou as escalas sanitarias, como escalas de persoal funcionario de administración de grupos A1 e A2, clasificados en dous tipos, as escalas de saúde pública e administración sanitaria (farmacéuticos inspectores, inspectores e subinspectores médicos, xestores sanitarios, etc), e as escalas de atención primaria e especializada (programas de tuberculose, antigos gabinetes de planificación familiar). Estes últimos son 18 postos de traballo, e por decisión política, serán os únicos funcionarios de administración que quedan excluidos da carreira profesional. Pero tamén estaban excluídos da carreira do Sergas ata que estes días acaban de ofrecerlles un proceso de estatutarización que as persoas afectadas rexeitan, por canto implica un empeoramento imporante nas súas condicións de traballo.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...