Novas por contido

A CIG Presentou unha reclamación e o xoves 28  ás 13:00 horas está prevista unha arbitraxe.

Ourense, 27 de febreiro de 2019.- A CIG-Autonómica de Ourense defenderemos, no acto de arbitraxe previsto para o vindeiro xoves, día 28 de febreiro, ás 13:00 horas en Ourense, o dereito a voto das/os preto de 400 funcionarias/os que non poderán participar no proceso de eleccións sindicais ao non habilitarse nin mesas itinerantes, nin mesas nas súas localidades, nin facilitarse o seu desprazamento a Ourense.

Así impugnamos e reclamamos un procedemento arbitral no que solicitamos o amparo pola fraude electoral argallada entre CSIF, CCOO, UGT e a Xunta de Galiza.

Entendemos que hai fraude porque hai persoal que ten os seu centro de traballo até a 100 quilómetros da mesa o na práctica imposibilítaos para exercer o seu dereito a participar neste proceso. Este dereito debe prevalecer sobre intereses sectarios destas organizacións sindicais e todas e todos os funcionarios deben poder facelo nas mesmas condicións.

Sen medios que faciliten o desprazamento

Xunto a isto temos que denunciar que tampouco se puxo ao dispor do persoal funcionario ningún medio de transporte que facilite o desprazamento a Ourense para ir votar, nin se aclarou se existe algunha axuda de custo prevista que  compense os gastos derivados de participar no proceso electoral.

Lembramos que o horario previsto das votacións é de 9:00 a 14:30 horas, o que impide á xente que traballe a quendas ir en horario laboral, caso de que estiveran na de tarde ou incluso de noite. Neste sentido sinalamos que, de se producir un accidente, se fose en horario laboral sería “in itinere” pero tampouco queda aclarado se se consideraría como tal se ocorrera fóra do horario de traballo.

A decisión da Mesa Electoral Constitutiva do 18 de febreiro, forzada pola maioría  que conforman os sindicatos CSIF, CCOO e UGT de so ter mesas na cidade de Ourense foi recurrida pola CIG en tempo e forma. Porén a Mesa Electoral Coordinadora non  contestou avalando a proposta inicial.

Para a CIG o dereito a voto ten que estar por enriba dos intereses das maiorías que se establezan entre as organizacións sindicais. De feito lembramos que no resto do país, onde a CIG é maioritaria, sempre se garantiu que houbera mesas itinerantes para facilitar a participación.

A este respecto salientamos que a lei 9/1987, do 12 de xuño de órganos de representación, di que, no caso de haber dúbida ou conflito na disposición das mesas, as organizacións sindicais poden por maioría forzar a colocación, porque o que pretende a lei é ser garantista. En Ourense utilízase de forma mal intencionada para todo o contrario e limitar o dereito.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...