Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 2/8/2019 (e Mesa Xeral previa), discutimos con Función Pública diversos asuntos, como o concurso de traslados de corpos xerais (ver nota informativa), e a funcionarización de varias categorías de persoal laboral da Xunta. En rogos e preguntas falouse de oposicións, previsións para setembro, previsión de concurrsos e promoción interna.

Acordos para a funcionarización de varias categorías

Comeza a intervención da CIG manifestando que estas categorías fan tarefas de inspección, polo que xa estiveron mal creadas dende un principio (sempre deberon ser postos de persoal funcionario). Tamén manifestamos que o proceso de funcionarización vai por mal camiño se pretenden facelo por parcelas e sen definir claramente as condicións salariais e garantíais laborais que veñen recollidas no V Convenio (ou por sentenzas) antes da súa execución. Tampouco queda comprometida a formación para quen non cumpra os requisitos. Nin que vai pasar coa carreira profesional do persoal que por incumprimento de requisitos teña que quedar como persoal laboral. E nada di do salario do persoal de novo ingreso ou persoal interino/a. As categorías son as que aparecen nos tres seguintes puntos.

Adenda ao Acordo persoal Axencia Galega de Infraestruturas

Modifícase o actual acordo que foi asinado pola CIG (decembro/2018) para engadirlle as condicións para a funcionarización coa que refunden varias categorías e sinalan as prazas que van ofertar (por promoción interna separada e restrinxida). Rexeitamos esta adenda que pretende a funcionarización sen definir previamente dereitos laborais e salariais como os niveis e o complementos que recollan os pluses que agora cobra o persoal. Xa que segundo o decreto de funcionarización e o Acordo de Concertación asinado por CCOO e UGT coa Xunta, só se garante a masa salarial do persoal laboral fixo que se funcionarice hoxe mediante un complemento persoal de funcionarización e non as retribucións das escalas polo que o persoal interino e de novo ingreso queda no aire. Aprobado co voto en contra de CIG, e a favor de CCOO, UGT e CSIF.

Proposta de funcionarización persoal laboral de gardería fluvial de Augas de Galiza

Pretendese a funcionarización de categorías laborais por pormoción interna separada ao corpo administrativo xeral da Xunta de Galiza sen que se definan tampouco como no caso anterior os dereitos laborais como roupa, descansos e compensación nen os dereitos retributivos como complementos e niveis que recollan os pluses. Dende a CIG negámonos a asinar unha folla en branco para a precarizacion do persoal. Aprobado co voto en contra de CIG, e a favor de CCOO, UGT e CSIF.

Proposta acordo funcionarización vixiantes dos recursos naturais da consellería de medio ambiente

Solicitamos a retirada deste punto da Comisión de Persoal pola falta de negociación previa e a necesidade de chegar un acordo real (e con maior consenso) que garanta os dereitos laborais e salariais deste persoal. Ademais e importante solucionar o conflito que supón a funcionarización nunha escala da administración especial que duplica funcións doutra existente. Na CIG temos claro que por razón de funcións e para garantir e aumentar dereitos salariais os/as vixiantes dos recursos deberan, coa actualicación legal da escala de axentes forestais (titulación ESO), funcionarizarse nesta escala. Así tamén poderán acollerse ao Acordo de condicións de traballo dos axentes, con uniformidade, retribucións complementarias e gardas e permitindo a promoción. Finalmente Funcion Publica acepta a retirada do punto (coa oposición de CCOO que quería votalo xa).

Modificacion da RPT do GAIN

Presentan para votar na Comisión de Persoal documentación nova non negociada previamente e incumpren o V Convenio modificando as denominacións dos postos de traballo para dar dous pluses de 6.721 euros anuais a dous exdirectivos que proveñen de fundacións. Tamén un plus de perigosidade a un posto de auxiliar administrativo na vez de crear un posto especifico para o traballo no almacén. O director de Función Pública non acepta a solicitude da CIG de retirar o asunto e sentarse a negociar. Aprobado co voto en contra de CIG, e abstención de CCOO, UGT e CSIF. A cousa está cantada para acabar no xulgado.

Rogos e preguntas

Previsión para setembro: informa o DXFP que en setembro negociaremos as RPTs de cultura, política social e consorcio e Parque das Illas Atlánticas. Tamén a modificación de estatutos do consorcio e axencia de servizos sociais. E pecharemos a convocatoria de concurso de veterinarios. 

Oposicións veterinarios: asegura o DXFP que o informe xurídico que lle solicitamos chegoulle onte. Di que o tribunal quere irse de vacacións coa baremación feita, que farían a semana que ven (xa publicado ao tempo que o anunciaba).

Concurso veterinarios: negociación setembro/outubro.

Concurso especial: negociación despois de publicado o concurso de veterinarios.

Promoción interna: queixa polas notas de corte que nuns casos deixan postos sen cubrir e noutros fan que a fase de concurso case non pinte nada.

Outras novas recentes

Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...