Novas por contido

A CIG-Autonómica vimos de tramitar, no Parlamento de Galiza, unha solicitude aos grupos parlamentarios para que demanden a comparecencia urxente da conselleira de Política Social pola situación das Residencias de Maiores da Xunta de Galiza.

Alertamos da situación de deterioro xeral nas prestacións que están a recibir as persoas maiores usuarios de residencias da terceira idade e centros de día xestionadas directamente pola Xunta de Galiza, fundamentalmente polas condicións laborais dos empregados públicos que manteñen este servizo.

Lembramos que o persoal laboral destes centros está a traballar nunhas condicións de sobre esforzo e carga de traballo moi elevado co conseguinte risco de estres laboral que se dan  como consecuencia duns cadros de persoal insuficientes para cubrir as necesidades das persoas usuaria para nos é un problema xeralizado que supón unha auténtica explotación laboral.

A grande carga de traballo e falla de descanso produce accidentes e enfermidades nas traballadoras dos centros e residencias

Denunciamos ademais que esta consellería ten o índice de sinistralidade laboral maior de toda a Xunta de Galiza ao que hai que sumar unha porcentaxe de baixas por incapacidade laboral por enriba da media de calquera outro departamento da Administración Autonómica. Denunciamos que moitas destas baixas por IT son consecuencia directa do traballo, enfermidades relacionadas coas quendas ou a falta de descanso, infeccións bacterianas ou víricas ou mesmo trastornos músculo-esqueléticos repetitivos non tratados ou recoñecidos pola mutua.

Como exemplo algunhas residencias teñen hoxe o 20% do seu cadro de baixa, como a Residencia de Maiores de Oleiros ou a Residencia de Maiores de Volta do Castro ou a CAMP de Sarria.

A Xunta malia a ser coñecedora destes problemas non implementa medidas de calado para minimizar o risco de lesións. En todo caso son necesarias medidas para a mobilización das persoas usuarias e mellor equipamento ou formación pero a consellería de Política Social non pode obviar a necesidade de aumentar o cadro persoal.

A falta de persoal prexudica o servizo e a atención ás persoas usuarias

As categorías mais afectadas pola falla de persoal son as de enfermería, auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras pero tamen teñen cadros a mínimos o persoal ordenanza, persoal de cociña ou equipos multidisciplinares.  

Así hai centros que teñen que deixar de facer actividades ocupacionais ou de animación por esta falta de persoal. Noutros  queda sen control de acceso a entrada dos centros, como por exemplo sucede na Residencia da Pobra do Caramiñal e no centro de menores da Carballeira en Ourense, onde recepción queda valeira durante os fins de semana ou festivos xa que non hai quen atenda.

Os recortes do 2012 aínda vixentes ao manter a suspensión do artigo 19 do V convenio

Atribuímos estes problemas á falta de contratación pero tamen son producto da suspensión do artigo 19 do V Convenio Único para o persoal laboral da Xunta de Galiza porque supuxo que desde a Lei de Medidas de 2012 nas carteleiras de traballo desapareceran os descansos adicionais por traballo a quendas e os directos por traballo en fin de semana e festivos, aumentando a carga horaria de xeito inadmisible e incluso non se garante un descanso mínimo semanal de 48 horas.  

Listas de agarda para a contratación temporal baleiras no verán

Como mostra da situación e resultado desta carga de traballo e das malas condicións laborais e salariais o persoal enfermeiro e auxiliar de enfermería das listas de contratación prefiren acudir ao SERGAS, o que está baleirando, de facto, moitas listas provinciais e provocando chamados irregulares ou directamente ilegais. Así ocorreu por exemplo este verán 2019 nos centros da provincia da Coruña, onde non houbo ningún procedemento público de selección incumprindo os principios de mérito, igualdade e capacidade para o acceso á función pública e que así foi denunciado pola CIG.

A Conselleira de Política Social é a responsable da saúde do persoal e do benestar das persoas usuarias

Diante desta situación, a representación sindical da CIG-Administración Autonómica do persoal laboral que traballa en residencias de maiores e centros de menores consideramos que o parlamento de Galiza é o lugar onde a conselleira responsable desta xestión debe dar explicación desta situación.

Para a CIG é insostible alongar durante tantos anos o a necesaria ampliación de cadro persoal, a adecuación de ratios en relación aos servizos e ao aumento das necesidades das persoas usuarias e as contratacións a dedo, están a deteriorar gravemente a prestación dos servizos públicos e a incidir moi negativamente na seguridade e saúde do persoal.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...