Novas por contido

O martes 17 de decembro tivemos unha xuntanza co director xeral de Función Publica na que tratamos as convocatorias de funcionarización do persoal laboral fixo. E o mércores 18, na Mesa Xeral, preguntamos pola situación do persoal laboral temporal/indefinido.

Funcionarización do persoal laboral fixo

A previsión do DXFP é que as convocatorias pasen por Mesa Xeral de Negociación e queden aprobadas en Comisión de Persoal a primeiros de xaneiro. 

Comenta tamén que remitirán un listado novo das prazas e advirte que aquelas que xa non teñan propietario/a non sairá para funcionarización.

O decreto de funcionarización que debería ser previo a estas convocatorias publicarase nas vindeiras semanas. E confirman o que era evidente, que quen aprobe quedará na mesma praza.

Van revisar algún caso non previsto como o da situación en que quedaría unha persoa que ocupe un posto de laboral temporal, e teña outro en excedencia de laboral fixo.

Anuncia que non haberá que pagar taxas e que o prazo que fixa para facer os exames é de 3 meses despois de publicar a convocatoria.

O que non resposta é á pregunta de se quen non aprobe vai ter que devolver os importes xa cobrados da carreira profesional. Xa no seu día preguntamos por isto xa que CCOO e UGT estiveron a difundir que non habería que devolver eses importes, pero a Orde de confección de nóminas é clara é di que “...a non superación do correspondente proceso de funcionarización implicará o decaimiento do encadramento no grado I con todos os seus efectos, polo tanto, dará lugar á deducción de los importes percibidos.”. Ante a pregunta, non da unha resposta clara.

Finalmente nos dí que podería haber unha “repesca” nos casos de non poder presentarse por causa de forza maior.

Como colofón CCOO solicita que se adapten as RPTs canto antes, para que a xente saiba como vai quedar económicamente. O DXFP respostou que "estamos en ello". Isto que foi unha insistencia da CIG e que non recolleron no seu acordo porque non quixeron agora veñen a esixilo cando xa está en marcha o proceso. Damos a benvida ao rego a CCOO: este asunto foi precisamente un dos argumentos da CIG cando nos negamos a aceptar o acordo de concertación, que había que deixar claro o asunto retributivo antes da funcionarización para que cada quen valorase se lle interesaba ou non, xunto coa falta de promoción interna e concurso previos ao proceso de funcionarización que nos levaron a desbotar este acordo. Algúns acórdanse agora cando xa non hai solución e a xente xa se comprometeu ou non a funcionarizarse.

O persoal laboral tempora e indefinido

A Lei galega que impulsou o goberno de Feijoo prevé que o persoal laboral temporal e indefinido vai ter que aceptar si ou si a rescisión do seu contrato de traballo para aceptar un nomeamento como persoal funcionario interino. E se non aceptan, serán despedidos/as.

Nos pasados meses circulou un ruxe-ruxe interesado que afirmaba que ese cambio de vínculo laboral sería no último trimestre do presente ano.

Na Mesa Xeral a CIG preguntou por esa desinformación. A resposta do DXFP foi clara: o proceso de funcionarización (a interino/a) do persoal laboral temporal e indefinido vai ser simultaneamente ao nomeamento como persoal funcionario do actual persoal laboral fixo que supere o seu proceso. 

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar