Novas por contido

O anteproxecto da Lei de impulso demográfico de Galiza xa pasou polo trámite de Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e foi aprobada na Comisión de Persoal do mércores 22 de xaneiro, co voto en contra de CIG e CSIF, e, como non, co voto a favor de CCOO e UGT.

O día 21 de xaneiro remitiron documentación nova. A maiores, na propia mesa entregaron máis modificacións á proposta. Finalmente retiran a disposición derradeira primeira, na que reducían os “ratios” de persoal dos centros de menores e os centros de atención á infancia (escolas infantís) e recoñecen a alegación da CIG: unha lei de impulso demográfico non é o lugar para modificar algo tan concreto e menos aínda para empeorar a calidade da atención as crianzas reducindo o persoal nos centros.

Inclúen outras pequenas modificacións a lei que tamén achegamos desde a CIG, pero consideramos que son insuficientes e presentamos cuestión de orde: esiximos volver a mesa de negociación que lle corresponde que é a Mesa Xeral. Como non aceptan, votamos NON por:

  • Non se garante o mantemento dos servizos públicos no rural nin nas zonas con menor índice demográfico.

 

  • O texto non propón medidas concretas para facer atractiva a cobertura definitiva dos postos mais illados ao mesmo tempo que se asentan servizos e se fixa poboación (as familias deste persoal).

 

  • Non se recolle ningunha das propostas da CIG para favorecer ao persoal empregado público con familias como a recuperación do Fondo de Acción Social previo aos recortes e a súa ampliación para incentivar as familias de especial consideración do persoal empregado publico.

 

  • O artigo da formación quedase ridículo e non se garante a súa descentralización para a formación presencial.

 

  • Denunciamos que as medidas de flexibilidade e bolsa de horas as volven a vender nesta lei en vez de introducilas, dunha vez, na Lei do emprego público de Galiza, que é a lei onde deberan implantarse. Así e todo non supoñen un avance significativo. Tampouco admiten outras medidas como ampliación de horario do verán nos mesmos termos que ten o persoal da AGE.

En xeral non aceptan ás achegas de calado feitas pola CIG. 

Como avances nesta lei, que necesitan un desenvolvemento posterior polo que non serían de aplicación inmediata, destacamos:

  • Que os permisos de maternidade e coidados de persoas dependentes non supoñan un obstáculo no desenvolvemento e promoción profesional.

 

  • O aumento da conciliación familiar por fillas/os ata cumprir a maioría de idade.

A lei vai xa para a súa aprobación no consello da Xunta do xoves 23 de xaneiro de 2020. En resumo: unha oportunidade perdida en avanzar na igualdade real, conciliación corresponsable e no impulso demográfico de Galicia. Quédase en propaganda electoral para Feijoo.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...