Novas por contido

Na Comisión de Persoal do mércores 22, a maiores da Lei de impuso demográfico de Galiza e a modificacion puntual da RPT de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ían tamén as bases das convocatorias dos procesos selectivos da escala de veterinarios/as e de consolidación de veterinarios. Estas ultimas foron retiradas da orde do día, segundo o director de Función Pública a causa de que están a preparar unhas modificacións substanciais.

Lei impulso demográfico de Galiza

Publicamos unha nova específica co seu contido.

RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Trátase dunha pequena modificación dalgúns postos para o cumprimento de sentenzas, e o acordo sobre condicións de traballo de axentes forestais e medioambientais. No caso da aplicación do acordo de axentes dende a CIG consideramos que a explicación dada pola redución de cantidades do específico (fora do Acordo) non foi satisfactoria nin acompañada da documentación, nin tempo suficiente para ser valorada, polo que nos abstivemos ao igual que o resto das organizacións sindicais (restan mais de 11 euros ao mes).

Sigue pendente a mesa de negociación para tratar as condicións de traballo do persoal do Parque Nacional das Illas Atlanticas, así como do estudo de cargas de traballo para recuperar amortizacions.

Contratación de orientadores/as

Pola contratación de 11 orientadores/as, como non, a resposta á pregunta é que "en breve".

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...