Novas por contido

No DOG núm. 40 do venres, 28 de febreiro de 2020 publícase a convocatoria de actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Outras novas recentes

Luns, 25 Mai 2026

Concentración: destino definitivo XA para a promoción interna de 2023

O mércores 27 as compañeiras e compañeiros da promoción interna do 2023 imos concentrarnos para esixir á directora xeral de Emprego Público é ao conselleiro de Facenda, o dereito que temos a que se nos dea destino definitivo simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos xerais que van poder facelo en breve. Esta situación é unha mostra máis da falta de criterio...
Luns, 25 Mai 2026

Mobilízate contra os recortes do Decreto de listas de substitucións

Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una  modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades...
Mércores, 20 Mai 2026

Convocatoria dos concursos específicos da Consellaría de Facenda e Administración Pública e da Atriga

O concurso específico, xunto co concurso ordinario e a libre designación, é unha das formas de provisión de postos previstas na Lei do emprego público de Galiza, unha lei que é do ano 2015. Dende esa data, non se convocou ningún concurso específico, o que produciu que máis de 800 postos (básicamente xefaturas de servizo e sección), estiveran ocupadas en comisión de...