Novas por contido

O mércores 23 de abril de 2020, o conselleiro de Medio Rural comunicounos que o persoal fixo descontinuo de 6 meses do Servicio de Prevención de Incendios Forestales (SPIF) vai reanudar a súa actividade o día 11 de maio.

Na CIG consideramos que esta incorporación tería que recoller as seguintes cuestións:

1. Formación e entrega de protocolos e procedementos preventivos co risco do COVID 19 (que inclúa técnicas de colocación e retirada axeitada de EPIS).

2. Puntos de encontro: é importante coñecer a localización dos puntos de encontro e o número de persoas que van acoller, así como o seu plan preventivo adaptado ao risco biolóxico do coronavirus. Urxe a realización ou revisions de avaliacións de riscos laborais de tarefas e centros co plan de risco ante o COVID (anexo).

3. EPIS: todo o persoal debe ter os EPIS precisos e dispoñibilidade de medidas hixiéncias axeitadas cun servizo de lavandería da roupa e EPI de incendios (ademais do risco para o COVID, o lavado e manipulación ten outros contaminantes tóxicos que non deben levarse aos fogares).

4. Salarios: solicitamos unha solución que permita percibir os salarios en maio, e non agardar ata finais de xuño.

5. Convocatorias telemáticas dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral: tanto do da Consellería do Medio Rural como do específico do servizo de incendios.

Na CIG consideramos que para minimizar o contaxio é fundamental a prevención de riscos. Traballo SI, pero en condicións de SEGURIDADE.

A continuación achegamos as ligazóns aos protocolos de seguridade publicados pola Consellería do Medio Rural (actualizados a día de hoxe), así como información do procedemento para a declaración de persoal especialmente sensíbel.

Para calquera dúbida, contacta coa CIG.

Ligazóns:

Outras novas recentes

Sábado, 04 Xullo 2026

Oposicións de enxeñaría de camiños, canles e portos e análises de laboratorio (CP 03/07/2026)

Na Comisión de Persoal (CP) do 3 de xullo de 2026 tratamos a convocatoria de oposicións (acceso libre e promoción interna) de enxeñaría de camiños, canles e portos e de análises de laboratorio. A Administración non tivo en conta ningunha das nosas alegacións, polo que votamos en contra das propostas de ambos os dous procesos. A Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP)...
Venres, 26 Xuño 2026

RPT de Aturga e actos de elección de destino de corpos xerais (CP 26/06/2026)

Na Comisión de Persoal do venres 26 de xuño de 2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (Aturga) na que non se tivo en conta ningunha das alegacións feitas pola CIG na mesa sectorial de persoal funcionario ante a D.X. de Emprego Público e onde a súa directora cercenou a negociación previa dos sindicatos coa Axencia na cal...
Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.  Resolucións pendentes da carreira profesional  Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día...