Novas por contido

O mércores 23 de abril a CIG asistiu a unha visita de avaliación de riscos laborais para a elaboración do Plan de prevención na Residencia dos Milagres en Baños de Molgas, da Fundación San Rosendo, reconvertida en residencia “integrada” pola Xunta para acoller a persoas maiores infectadas.

A visita evidencia a descoordinación entre a Consellería de Política Social e o SERGAS. Nese mesmo día o director foi cesado coa escusa de “pasar” a dirección asistencial ao SERGAS. Nin sequera o servizo de prevención que vai realizar a avaliación de riscos tiña coñecemento da nova dirección do SERGAS.

Visitamos “Chernóbil” e non se nos dan EPIs polo que NON puidemos acceder ás instalacións residenciais (unicamente á administración e á sala de cursos), e por tanto NON se pode facer o proceso de recollida de datos nin comprobar a implantación das medidas preventivas.

  1. Non puidemos  comprobar o uso de EPIS por parte do persoal.
  2. Non puidemos visitar as instalacións.
  3. Confírmanse as nosas sospeitas sobre o ineficaz de forzar ao persoal baixo ameazas e ademais sen ningún tipo de información. Así se nos  recoñece que o feito de que o persoal veña obrigado (con ameaza de repercusións penais) non é adecuado para traballar con normalidade e seguridade e aumenta os problemas no centro. 
  4. Non hai director ou directora, que é o máximo responsable en prevencións. Non dan mais explicación ante a súa ausencia: tan só que “foi cambiado”.
  5. Comprobamos que as persoas que se presentan como responsables do centro non coñecen o Plan de acción de COVID elaborado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais a finais de marzo polo que cuestionamos que sexa aplicado correctamente.
  6. Esta visita parece dirixida a cumprir un requirimento legal dalgunha autoridade laboral como pode ser a inspección de traballo (ante a  que a CIG presentou varias denuncias), pero na práctica é inútil xa que, como dixemos, NON podemos ver nada nin comprobar as medidas preventivas e témonos que quedar coa versión que nos contan.
  7. Insistimos na necesidade imperativa de facer os TEST nas residencias integradas coa oposición da consellería. Será finalmente o SERGAS quen fará os TEST ao persoal destes centros que traballa con residentes positivos. E máis neste caso onde o persoal traballou co lote de mascarillas defectuosas, o que de entrada produciu que como mínimo haxa unha empregada pública que deu positivo e dende a dirección da Residencia de Baños de Molgas trataron de convencernos de que seguramente “se contaxiaría fóra” porque non “saía da cociña”. Cuestionamos as afirmacións e solicitamos en todo caso a consideración a todos os efectos do contaxio como accidente laboral.

Trátase dunha improvisación ou falta de coordinación? A resposta é que a mala xestión e soberbia da consellería producen unha e a outra.

Mentres o persoal  ten que traballar en condicións extremas de risco e sen que se lle garanta unha mínima seguridade laboral, a consellería xoga coa saúde no seu posto de traballo. Unha consellería irresponsábel que bota balóns fóra acusando ao SERGAS, a Función Pública e que sen ningún escrúpulo pretende sacudirse de enriba a súa responsabilidade neste desastre.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...