Novas por contido

No DOG núm. 141 do venres 26 de xullo de 2019 publicouse a LEI 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Na LEDIXGA regúlase a sinatura e acreditación do persoal empregado público, incluíndo como novidade o uso dos certificados electrónicos con pseudónimo para certos colectivos o cal era demanda desta organización sindical desde fai anos.

Establece que regulamentariamente poderá habilitarse para determinados colectivos de persoal empregado público do sector público autonómico o uso de certificados electrónicos con pseudónimo, que deberá referirse, en todo caso, ao número de identificación profesional da empregada ou do empregado público, que permitirá a súa identificación nos casos en que for necesario.

No DOG núm. 79 do venres, 24 de abril de 2020 publicouse a resolución que regula a emisión do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega.

Con carácter xeral, os certificados de empregado público son nominais e conteñen os datos persoais de cada empregado/a. Non obstante, existen actuacións administrativas en que legalmente está xustificado o anonimato, polo cal é necesario expedir un certificado de pseudónimo en que se obvian os datos persoais, que son substituídos por un número de identificación profesional.

O certificado dixital de pseudónimo será empregado exclusivamente para asinar os informes, actas ou documentos análogos elaborados no exercicio das funcións de autoridade pública, inspección, vixilancia ou control da Administración pública, ou no desempeño daquelas outras funcións en que resulte necesario preservar a identidade persoal do empregado/a por concorreren circunstancias ou feitos que aconsellen adoptar esta medida.

A emisión do certificado dixital de pseudónimo responde á necesidade de garantir o axeitado desenvolvemento das ditas funcións evitando eventuais inxerencias no ámbito persoal do empregado público.

Solicitamos a súa implantación urxente de cara a protección da identidade persoal dos empregados públicos que teñen funcións inspectoras, directivas, de control sancionador e en xeral a todas aquelas persoas que polas características das súas funcións impliquen un risco para a integridade física.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...