Novas por contido

O venres 15 e o luns 18 tivemos xuntanzas con representantes da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. A xuntanza do venres foi co secretario xeral técnico (SXT) para tratar os protocolos de reincorporación ao traballo presencial. O luns foi unha xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL). Teremos unha nova xuntanza do CSSL o martes 26.

O que manifestou a Administración nas dúas xuntanzas foi:

  • Que partindo das directrices do protocolo xeral de reincorporación da Xunta, foron vendo todas as cuestións que nel se plantexan. Na primeira semana realizaron as actuacións preliminares que remitiron no informe que indica vicepresidencia. O informe está detallado segundo os diferentes servizos, tendo en conta edificios administrativos e outros centros de traballo. Nos edificios administrativos tívose en conta o cumprimento das distancias de 2 metros entre postos de traballo, a sinalización de espazos comúns e as incidencias a correxir.

  • Fixeron protocolos e instrucións específicas para AXI, Augas e Mobilidade.

  • Incorporan unicamente ao persoal que non pode realizar as súas funcións na casa, pero sen marcar prazos específicos para a incorporación.

  • Nesta semana incorpóranse os xefes de servizo o persoal que non pode realizar as súas funcións en teletraballo, insistindo en que fomentarán o teletraballo na medida do posible.

  • En canto ás solicitudes de teletraballo para persoal vulnerable din que primeiro hai que solicitar o teletraballo a función pública para persoal vulnerable e se resulta denegado poderíase iniciar o procedemento de declaración de persoal vulnerable co departamento de prevención de riscos.

  • Nos servizos centrais cúmprense en xeral tódolos requirimentos do protocolo de reincorporación con algunhas excepcións. En Augas de Galicia hai máis problemas, pero están buscando solucións. Nos servizos periféricos están adaptando as instalacións para cumprir cos requirimentos.

  • Sobre o uso das máscaras din que se se cumpren as distancias non fai falta, ao que respostamos que non toda a xornada, e en case ningún corredor ou escaleira se poden cumprir as distancias.

  • Comentan que está pendente a licitación da roupa de traballo que quedou paralizada pola declaración do estado de alarma, pero que a retomarán en canto poidan.

 

Por parte da CIG, manifestamos o seguinte:

  • Que non obriguen a ninguén a reincorporarse sen contar con todas as medidas de seguridade. Aceptan e van organizar equipos de traballo para evitar acumulación de persoas.

  • Preguntamos sobre o mantemento e revisión dos sistemas de ventilación. Respostan que se están a revisar todos.

  • Queixámonos pola falta de negociación dos protocolos e a súa revisión por parte do Servizo de prevención de Riscos Laborais (SPRL) que debe supervisalos. Respostan disculpándose e comprometéndose a negociar as posíbeis modificacións no CSSL.

  • Reclamamos que se aposte pola continuidade e extensión do teletraballo, ao que respostan que agardan pola negociación que os sindicatos teñamos con Función Pública.

  • Denunciamos que non se impartiron instrucións relativas a medidas organizacitvas e de protección, e o incumprimento do deber de formación e información que esixe a Lei de prevención de riscos laborais. Comprométense a contactar coas xefaturas territoriais para corrixir as carencias.

  • Queixámonos pola falta de concreción no informe, que só dá cifras xerais sen identificar que persoal conta con despacho propio en cada edificio, cantos espazos de traballo compartidos cumpren a distancia de 2 metros, cantos postos hai que reordenar se non cumpren as distancias, cantos postos se cuantifican fóra de edificios por categorías e que non se consultou ao persoal sobre a posible reoranización de quendas de traballo.

  • Criticamos que o informe só se refire á fase 1 e só detalla que en principio nesta fase se reincorporan ou continúan as funcións que viñan facendo un total de 329 persoas, pero sen dicir moito máis, nin que pasa coas outras persoas traballadoras ata un total de 682 da consellería. Omíteses ao persoal de brigadas do que aínda non sabemos cando terían que incorporarse por non poder teletraballar 

  • Reclamamos que se especifique nos protocolos que as reunións se realicen preferentemente de xeito telemático e as comunicacións se fagan utilizando medios electrónicos e se reduza o uso do papel.

  • Incidimos na falta de medidas para evitar distancias inferiores aos 2 metros, por exemplo nos postos dos ordenanzas das entradas. Denunciamos que faltan mamparas ou mesas que delimiten eses espazos. Incidimos en que o mesmo luns 18 houbo incorporación de persoal sin facilitarlles máscaras ou xeles desinfectantes a disposición

  • Mostramos a problemática dos equipos informáticos compartidos, por exemplo entre os vixilantes de estradas, sen medidas preventivas como a desinfección. Reclamamos máis medios informáticos que nos permitan non ter que compartir equipos, accesos telemáticos aos datos e ás cartografías ou outros, e apoio para poder teletraballar.

 

Non houbo discrepancias co resto de organizacións sindicais que avalaron a exposición da CIG. Un sindicato pide o uso máis extendido da desinfección por ozono e os compañeiros da CIG amosamos a nosa desconformidade ao uso indiscriminado deste gas polos posíbeis perxuízos que pode causar á saúde.

Outras novas recentes

Venres, 26 Xuño 2026

RPT de Aturga e actos de elección de destino de corpos xerais (CP 26/06/2026)

Na Comisión de Persoal de hoxe, 26 de xuño de 2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (Aturga) na que non se tivo en conta ningunha das alegacións feitas pola CIG na mesa sectorial de persoal funcionario ante a D.X. de Emprego Público e onde a súa directora cercenou a negociación previa dos sindicatos coa Axencia na cal...
Venres, 26 Xuño 2026

O totum revolutum de Emprego Público: a nova receita do caos nas eleccións de destino

Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono. Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os...
Martes, 23 Xuño 2026

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso académico 2026/27. Os...