Novas por contido

Os sindicatos con representación na Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT) participamos o venres 22 nunha xuntanza coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para tratar sobre o informe de reincorporación que enviaron a semana pasada.

As persoas responsábeis da consellería comezaron cunha exposición das fases que están a facer, admitindo que xa pasaran a fase 1 (saltándose as garantias do fase preliminar), negaron a reincorporación de mais persoal que xefaturas e direccións, afirmaron que a intención da consellaría é que se reincorporara o menor persoal posible nos seus centros e que non ían obrigar á incorporación das persoas vulnerables mentres dure a tramitacion de persoal sensíbeis.  A pesar de que a CIG solicita as Avaliacións de riscos laborais previas aos protocolos non teñen vontade de facelo e din que esta semana trataran no comité de seguridade e saúde laboral o protocolo para as oficinas de emprego, centros de formación e os organismos autónomos.

A CIG criticamos o informe porque é pouco concreto e especifica as medidas que tomaron, lembramos a necesidade de planeamento específico dos centros xa que teñen realidades diferentes tanto de espazo como en numero de persoal e usuarios, a necesidade da revisión das ventilacións forzadas dentro dos edificios administrativos e das oficinas de emprego, a necesidade dun plan de limpeza co persoal necesario. Esiximos a formacion ao persoal en materia de risco biolóxico ao COVID19 antes de comezar co traballo presencial, que as medidas (incluídas protocolos) estivesen validadas polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL), o principio de precaucion no persoal sensible, que se fomentase o teletraballo para reducir a presenza de persoal nos centros, posibilitar a conciliacion e ter en conta aos empregados publicos convivintes con persoas de risco, etc.  

Específicamente denunciamos o retraso na subministración dos medios, incluídas máscaras, e demandamos o establecemento dun sistema de cita previa e control de acceso nas oficinas de emprego.

Defendimos que á xente que xestionou os ERTES e calquera outra que excedeu a súa carga de traballo, tivesen unha compensación temporal polo incremento do traballo. E sobre o edificio do GAIN indicamos que tamén se valorase, igual que o edificio de consumo en compostela, o pouco espazo existente entre as persoas traballadoras o que xustifica aínda mais a necesidade de fomentar o teletraballo con carteleras de non coincidencia no caso de ter varias xornadas presenciais.

O secretario xeral técnico respostou interesante o dos protocolos específicos en oficinas de emprego xa que as oficinas eran diferentes e algunha estaban moi saturadas como a de Cangas ou Monelos. Ante o persoal sensible di que as ordes da súa Secretaría Xeral Técnica eran non incorporalo antes da resolucion e que si se incumplía que “lles avisaramos”. O secretario xeral mostrouse favorábel ao teletraballo pero delega  a responsabilidade fora da súa consellería. Tomou nota e remitenos ao protocolo da da próxima semana.

Respecto aos CIFP, o secretario xeral dixo que estes centros polo de agora non teñen data de apertura e que xunto coas oficinas de formación aportara no protocolo para o CSSL.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...