Novas por contido

Función Pública confirma que os primeiros exames, comezando pola funcionarización do persoal laboral fixo, van ser na primeira semana de outubro.

A Xunta decidira por maio aprazar todos os procesos selectivos ata pasar o 1 de outubro. Segundo o conselleiro de Facenda, porque llo pediron algúns sindicatos nunha conversa entre amigos (non existiu negociación). Daquelas a CIG defendeu que non era bo paralizar todo ata unha data determinada, que o correcto era reactivar todo en canto as condicións o permitisen, fose antes ou despois do 1 de outubro.

Chegamos a esa data, e o nivel de contaxio volve a ser perigoso. Que facemos? Debe a Xunta retomar os procesos selectivos?

A maioría das consultas que recibimos do persoal laboral fixo que se presenta á funcionarización é que se adie o seu proceso (que segundo informan en Función Pública, vai ser xa na primeira semana de outubro). Por contra, entre a xente que se presenta por acceso libre hai intereses contrapostos entre quenes queren retomar xa os procesos, e quenes pensan que a situación non o aconsella.

A decisión que tomaron o conselleiro de Facenda e o director xeral de Función Pública, non negociada (polo menos coa CIG, o sindicato maioritario da Administración Autonómica), ten moitas eivas:

  • Están prohibidos certos eventos que agrupan a moita xente, como verbenas, espectáculos deportivos, etc. É máis seguro que eso xuntar a facer un exame a varios milleiros de persoas nun recinto por moi grande e amplo que sexa?

  • Teñen previsto un plan preventivo ante o COVID-19 que garanta a saúde das persoas que se presenten aos exames? Se existe, a CIG non o coñece.

  • Que solución lle van dar ás persoas que ainda non estando contaxiadas teñan obriga de gardar corentena e por tanto non se poidan presentar? Vanlle dar a opción de presentarse pasada a corentena? Ou obrigarán á xente a saltarse a corentena, mesmo a non acudir ao médico ante unha sospeita de contaxio ou contacto para que non lles decreten un confinamento?

  • A Xunta de Galiza lánzase a retomar os procesos selectivos. A pesares da dificultade que suporá vincular posíbeis contaxios co evento masivo, van asumir responsabilidades coas persoas que se contaxien? 


Señor director xeral de Función Pública, señor conselleiro de Facenda, poñan por diante a saúde das persoas e en consecuencia reflexionen se os datos sanitarios aconsellan ou non retomar xa os procesos selectivos, elaboren un plan preventivo (que deben trasladar á representación sindical), estuden as consecuencias do que pode implicar agrupar a milleiros de persoas ou deixar sen exame a quenes, contaxiados/as ou non, teñan que gardar corentena.

Outras novas recentes

Martes, 30 Decembro 2025

Fin do bloqueo á xubilación anticipada de axentes ambientais e bombeiras/os forestais: regúlanse as cotizacións

Publícase o Real Decreto-lei que regula as cotizacións adicionais do persoal bombeiro forestal e axentes ambientais e que desbloquea a xubilación anticipada do persoal axente ambiental A CIG-Autonómica valora positivamente a publicación no BOE do Real Decreto-lei 16/2025, do 23 de decembro, que regula as cotizacións adicionais para axentes forestais, ambientais e persoal...
Luns, 22 Decembro 2025

RPT da APLU, OEP e convocatoria de proceso selectivo de escalas sanitarias-Lei 17/89, pago de atrasos e carreira (en CP 18/12/25)

Na Comisión de Persoal (CP) do xoves 18 de decembro, quedaron aprobadas: 1) modificación da RPT da APLU, 2) Oferta de Emprego Público do ano 2025 das escalas sanitarias, 3) convocatoria de proceso selectivo de escalas sanitarias. RPT DA APLU CIG rexeita o incremento do complemento específico dos postos das asesorías xurídicas aprobado no Parlamento de Galiza, por non ter...
Luns, 29 Decembro 2025

Convocatoria de concurso-oposición de diversas clases da escala de saúde pública (Lei 17/1989)

No DOG do 29/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Convócase concurso-oposición para o ingreso nas clases de persoal...