Novas por contido

Tendo en conta a situación sanitaria actual provocada pola COVID e vendo que a Xunta parece que non ten intención de activar ao SPIF para facer tarefas de desinfección, a semana pasada a CIG solicitou retomar o traballado realizado durante a pandemia nos meses de marzo a xuño polos traballadores/as do servizo de incendios.

Porén, tamén solicitamos que se prorrogue o tempo de actividade do persoal fixo descontinuo para poder realizar tanto os labores de desinfección coma os de prevención de incendios.

Dende a CIG reiteramos que o SPIF é un servizo de emerxencias profesional e versátil e que hai que aproveitar as súas capacidades. Neste senso, vimos de solicitar que se active ao Servizo de incendios para retomar os labores de desinfección fronte á COVID. O empeoramento dos datos desta pandemia require empregar tódolos recursos posíbeis para mellorar a seguridade de toda a poboación galega.

Pero hai que ter en conta tamén que hai que realizar as tarefas preventivas dos incendios forestais, polo que co aumento do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo habería efectivos suficientes para realizar ambas tarefas de xeito máis amplo. Porén, estas tarefas serían básicas para loitar contra os lumes que sofre o territorio galego que son cada vez máis agresivos, imprevisíbeis e desestacionais,tendo en conta a realidade meteorolóxica cambiante actual e a evolución na tipoloxía dos lumes. Investir agora en prevención é minimizar os efectos e consecuencias dos lumes no futuro.

Os argumentos que nos dá a Consellería dicindo que nos meses de inverno hai “pouco traballo” no SPIF son unha falacia, e menos na situación sanitaria actual, o que si é certo é que no inverno os efectivos dispoñíbeis son escasos.
A Consellería segue empeñada en non ter en conta o carácter de servizo de multiemerxencia do SPIF. O inverno é época de nevaradas, temporais, etc., e o SPIF conta con efectivos situados na proximidade do rural para apoiar a atención destas continxencias.

Por que non se fai prevención todo o ano? Por que se habilitou facer traballos preventivos parte do mes de xullo(en pleno alto risco) porque era moi necesario e agora non pasa nada se non se fan en inverno? Por que tendo en conta a situación sanitaria actual non se activa ao SPIF para facer tarefas de desinfección fronte á COVID? Por que a Consellería non aproveita este tempo no que segundo eles case non “hai traballo” para formar ao seu persoal? A Consellería predica unha cousa pero a realidade dos seus actos di outra, traballo hai para ampliar o tempo de traballo de todo o persoal do SPIF pero disposición por parte da Consellería NON

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...