Novas por contido

Tralo novo ruxe ruxe que filtrou a CSIF, a CIG solicitou a semana pasada información por escrito de que ía facer a Consellería do Medio Rural coas adscricións temporais no SPIF.

A resposta foi clara:” non se renovan estas coberturas, ao non darse as circunstancias previstas na lexislación vixente, en aras da eficiencia da xestión dos recursos públicos”, o que significa na práctica....queremos reducir o gasto en persoal.

Non contentos con iso, expoñen o seguinte argumento:” Durante os meses de inverno, esta carga de traballo é menor, razón pola que non se renovan estas coberturas”. A carga de traballo é menor ou por parte da Consellería deciden que sexa así? E a realidade de que nos meses de decembro a marzo o SPIF conta cuns efectivos mínimos onde queda?

O SPIF é un servizo de emerxencias , e coma tal deberían aproveitalo en “aras da eficiencia da xestión dos recursos públicos”. Neste senso, vimos de solicitar que se active ao Servizo de incendios para retomar as tarefas de desinfección fronte á COVID tendo en conta o empeoramento dos datos desta pandemia. Porén, tamén habería que realizar a tan publicitada prevención e realizar tarefas de apoio en continxencias no medio natural e rural agora que comezan as condicións meteorolóxicas propias do outono-inverno, que fan que estas continxencias se incrementen e moitas veces supoñan problemas para a poboación do medio rural.

Dende a CIG cremos que non só se debería de manter o número de efectivos actuais do SPIF, senón que solicitámoslle á Consellería que incremente o tempo de traballo do persoal descontinuo do SPIF para atender a tódalas tarefas preventivas que hai que desenvolver e os labores de apoio en continxencias no medio natural e rural.

Toda esta política da Consellería forma parte da continua falta de interese pola cobertura de tódalas prazas do SPIF. Existen prazas dende hai tempo sen cubrir e agora queren incrementarlle máis. A isto hai que engadirlle a falta de convocatoria do concurso de traslados, que fai da adscripción provisional a única vía dos traballadores/as do SPIF para achegarse aos seus domicilios e a incerteza xerada por toda esta situación para todo o persoal que se atopa nesta situación.

Carga de traballo para o SPIF hai, intención por parte da Consellería de implementala, NON.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...