Novas por contido

A CIG denunciou ante a Dirección Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social a situación na que están os centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ao respecto da prevención de riscos laborais.

Entre as cuestións que se denunciaron están:

• Non se nos achegaron os Plans de Continxencia de todos os CAPM e os protocolos/plans de acción  adaptados de cada centro, aprobados por Sanidade, tal como esixe a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2020.

• Carecemos de máscaras ffp2 e gafas para os momentos da xornada en que as persoas usuarias non teñan posta a mácara (aseo -lavado de dentes-, momentos de xantar, en que hai que axudarlles, xa que as persoas maiores adoitan tusir por broncoaspiración durante a inxesta, etc.). Nalgúns casos, obrígase ao persoal a gardar a máscara cirúrxica para o día seguinte se non ten as catro horas de uso.

• Non se garante a trazabilidade das máscaras cirúrxicas das persoas usuarias e a cantidade precisa para o seu cambio cada catro horas ou cando se deteriore por diversas circunstancias (humedecido por tose e excreccións oronasais, sospeita de deterioro no momento da acollida, mascarillas de tea sin certificación, etc.)

• Observamos que o protocolo está desactualizado; non que non se recolle o risco á exposición por aerosoles (OMS), cambio no Nivel de Risco (directiva europea), entre outras.

• Non se conta con servizo de lavandeiría para que o persoal non leve aos seus domicilios os uniformes nin a cantidade suficiente de uniformes que permitan o cambio e lavado coa frecuencia precisa. O persoal adscrito a dous ou máis centros (persoal itinerante) non contan coa uniformidade nos centros nos que presta servizo.

• Non se cubren, con frecuencia, as ausencias do persoal por IT, permisos, vacacións, etc., o que obriga ao persoal a imcumprimentos de protocolo.

• Non se está facendo ningún tipo de control periódico ao cadro de persoal en canto probas/test Covid-19.

• Demora nos informes do SPA (Mugatra Qualtis) sobre persoal sensible ante a COVID-19.

• Incumprimentos da normativa implantada por mor da COVID-19, en concreto a Resolución do 17 de setembro de 2020, que establece que non se poderá compartir persoal asignado ao centro residencial co do centro de día.

Na CIG seguimos na loita na defensa do persoal, da súa seguridade e das persoas usuarias e esperamos pronta resposta da autoridade laboral.

Se tes algunha cuestión ponte en contacto cos teus delegados e delegadas da CIG.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...