Novas por contido

Xa todas sabemos como traballa o Partido Popular de Galiza, gañan eleccións dopados de orzamentos irregulares mediante diñeiro negro xestionado en caixas B. Pódeno testemuñar Naseiro, Crespo, Bárcenas..

Este diñeiro tamén permite “untar” as rotativas dos medios de comunicación, o que, combinado co férreo control dos medios públicos, facilita o lavado de cara de persoas que se nos presentan como “xestores” cando non son máis que lacaios ou mercenarios dos grandes grupos empresariais.

Agora temos no Parlamento de Galiza un claro exemplo de vantaxismo: a tramitación polo procedemento de urxencia por parte do Partido Popular da “proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galiza”.

Como poden sacar beneficio os grandes grupos empresariais da parte que lle corresponda a Galiza dos 1,8 millóns de euros do plan de recuperación económica da UE pola crise da Covid 19? Doado, aproveitando o seu socio no goberno galego. Para isto só necesitan modificar as leis de protección do medio ambiente e o patrimonio e simplificar, anular ou privatizar os procedementos administrativos. E para iso nada mellor que utilizar o procedemento de urxencia para tramitar a proposición de lei e gardar para as autoemendas do PP as partes máis agresivas do texto.

Ben, o día 23 deste mes o Partido Popular de Galiza vai aprobar no Parlamento unha lei que inclúe:

  • O acurtamento dos prazos para emitir informes preceptivos.
  • Reverter a consecuencia do silencio administrativo no prazo de emisión destes informes. O silencio administrativo pasa a ser positivo.
  • A reasignación de efectivos entre as persoas empregadas públicas, a reasignación de funcións e a asignación de complementos de produtividade ou gratificacións extraordinarias.
  • A privatización da emisión destes informes.

A estes “xestores” do PP non os para nada. Xa que non é posíbel eliminar totalmente os preceptivos informes medioambientais ou patrimoniais para a execución de proxectos empresariais reducimos drasticamente os prazos para elaboralos, de xeito que sexa practicamente imposíbel facelos de forma rigorosa e rematalos en prazo. Isto, xunto co silencio positivo, permite a implantación de proxectos agresivos co medio ambiente e irrespectuosos co patrimonio. E se isto pode ser demasiado descarado tamén “adecuamos” o persoal que debe elaborar estes informes aos intereses de quen goberna: reasignamos o persoal, creamos unidades administrativas temporais e dispoñemos complementos de produtividade ou gratificacións extraordinarias. Pero, por se acaso isto non dá resultado, incluímos outra posibilidade: “solicitar informes a organismos científicos, académicos ou outros que posúan os coñecementos precisos en calquera dos procedementos de avaliación ambiental, nos casos nos que se estime necesario” (artigo 30). Ou sexa: privatizar a emisión de informes de avaliación ambiental.

Na verdade, estes dirixentes políticos da Xunta de Galiza do PP son bos xestores. O que pasa é que non para o conxunto da cidadanía, senón para os intereses duns grupos económicos que o único fin que perseguen é a consecución de beneficios económicos e que non están dispostos a respectar os procedementos administrativos nin as leis de protección da natureza e o patrimonio.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...