Novas por contido

Delegados e delegadas concentráronse diante do edificio de San Caetano para exixir melloras

Delegados de delegadas da CIG concentrámonos na mañá do xoves 20 de outubro diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano para manifestar o seu rexeitamento a unha Lei de Orzamentos que non garante ningún tipo de medida para compensar nos seus salarios o desmesurado incremento do IPC (que na Galiza é superior ao do Estado), nin a recuperación de dereitos laborais.

Denunciamos que nos orzamentos para 2023 a Xunta de Galiza fixo un “copia e pega” do “pacto a perdas” negociado ás agachadas e asinado na Mesa das Administracións Públicas do Estado por CCOO e UGT, e que supón unha perda de poder adquisitivo nos vindeiros anos, a sumar ao que xa leva perdido o persoal.

A perda de poder adquisitivo que teñen as e os empregados públicos na Galiza, cando aquí a carestía da vida é maior porque o IPC interanual está xa no 9,2%. 

Nin sequera establecen a xornada das 35 horas, a pesar de estar no pacto estatal.

Na Lei de orzamentos para o 2023 a Xunta manterá suspendida a aplicación de todos os pactos e acordos retributivos e todos os dereitos recortados pola Lei de Medidas 1/2012 cando xa é hora de recuperalos, como é o caso do artigo 19 de V Convenio Colectivo, a suspensión de determinados artigos do Acordo de condicións do SPIF (nos que se regulan os descansos, as compensacións por noites ou domingos e festivos) ou os días de libre disposición, entre outros.

Xunto a iso denunciamos que se “hipoteque”, por moitos anos, a mobilidade do persoal da administración pública galega mediante a apertura de postos ao persoal doutras administracións públicas para a cobertura de prazas mediante comisións de servizos que durarán dous anos prorrogables de xeito indefinido ou que se manteña bloqueada a recuperación do Fondo de Acción Social, na contía e nas modalidades que existían até os recortes aplicadas polo PP.

Tampouco se establece un complemento que incremente as indemnizacións por razón de servizo –como axudas de custe e gastos de viaxe- xa que as actuais son totalmente insuficientes para cubrir os gastos de desprazamento ou manutención, co especial encarecemento dos combustíbeis.

Taxa de reposición

Tamén é inaceptábel que se manteña a taxa de reposición, porque vai levar a facer contratacións a través de sociedades instrumentais e a que aumente a temporalidade, cando a propia Función Pública recoñece que vai a haber un número importante de xubilacións que non se van dar cuberto. Isto, sumado á ineptitude para levar adiante as ofertas de emprego público nun prazo razoable, fai albiscar un panorama insoportable de colapso dos servizos públicos ou de privatizacións, como por exemplo a recente Residencia de Cerdedo ou Escola Infantil da Garda, que nacen privatizadas.

Advertimos do mantemento da limitación bestial para as substitucións ou a cobertura de prazas vacantes con interinos e interinas, porque, no canto de estender esta posibilidade a toda a administración limítana ao que eles consideran servizos esenciais ao tempo que dan carta branca para a contratación por medio de encomendas de xestión.

Modificación da Lei de Emprego Público de Galiza (LEPG)

En relación á Lei de medidas que modifica a LEPG, o director xeral de Función Pública non aceptou as alegacións presentadas e xustifica o seu silencio porque “moitas delas son reiteradas todos os anos” (en referencia á multitude de propostas de mellora de condicións salariais e de recuperación de dereitos ou de melloras a mobilidade e concursos e promoción interna que tentamos meter todos os anos).

Finalmente se reclamou que os dereitos recollidos no V Convenio do persoal laboral, sexan trasladados á LEPG para a súa aplicación a todo o persoal. A tal efecto se reiterou a proposta de negociar un acordo regulador antes de 6 meses. Mentres tanto, solicitaron a inclusión na LEPG dunha disposición transitoria que traslade os dereitos laborais do V Convenio ao persoal funcionario que non teña un acordo específico, garantindo así que non haxa perda de dereitos.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...