Novas por contido

Primeira toma de contacto con Función Pública para presentarnos o proxecto de decreto polo que se vai regular o persoal de investigación dependente da Xunta de Galiza.

Nunha primeira ollada observamos o seguinte:

  • O director xeral de Función Pública, logo da nosa advertencia de que o persoal dos hospitais e centros concertados co SERGAS non é persoal do sector público autonómico, insiste en que non lle atopa inconvinte a que aparezan citados no ámbito de aplicación deste decreto.

  • O persoal está inmerso nun avultado proceso de funcionarización do persoal laboral, polo que nos chama a atención que neste caso se opta pola vía oposta: que o persoal investigador teña a condición de persoal laboral exclusivamente, sen que se permita a opción de persoal funcionario ou estatutario.

  • Temos unha ampla casuística dentro do persoal investigador: funcionariado de carreira, funcionariado interino, funcionariado de carreira en destino provisorio (que non aparece citado no texto), laboral fixo, laboral temporal, etc. A perspectiva da laboralización obrigatoria vai facer que o persoal que xa conta cunha carreira investigadora teña que aceptar unha laboralización forzosa, coas condicionantes que iso ten; ou ben optar por perder a carreira investigadora, o que pode minguar a capacidade investigadora xeral autonómica que se di que se tenta fomentar.

  • Botamos en falta a referencia á negociación colectiva de varias das entidades que aparecen nomeadas, varias con convenios propios. O texto non remite en ningún momento a eses convenios, aínda que teñen repercusión nas remuneracións.

  • Déixase fóra ao persoal de xestión da investigación, cando a Lei da ciencia entendemos que deixa a porta aberta a que este persoal sexa incluído, dado que fomenta a carreira profesional e a mobilidade profesional do conxunto do persoal de investigación, científicos/as, técnicos/as e persoal de xestión.

Presentaremos as nosas alegacións por escrito cando se inicie formalmente a negociación, ao non ter tempo para estudar con detemento o proxecto xa que nolo enviaron o día anterior. Se queres aportar algo, podes contactar coa CIG.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...