Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública achega os borradores dos temarios para os procesos selectivos derivados da OEP extraordinaria da Lei 20/2021 (lei da temporalidade) das seguintes categorías de persoal laboral do SPIF:

  • Categoría IV-033, bombeiro forestal condutor de motobomba
  • Categoría V-10B, viaiante fixo de defensa contra incendios forestais
  • Categoría V-10C, emisorista de defensa contra incendios forestais
  • Categoría V-14, bombeiro forestal
  • Categoría V-14A, bombeiro forestal condutor

Nesta ligazón podes descargar as propostas, e se é do teu interese, podes contactar coa CIG.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...