Novas por contido

Dende a CIG vimos de presentar unha queixa e solicitar a emenda dos erros sistemáticos na puntuación das baremacións provisionais dos procesos da OEP do SPIF convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2019.

O venres día 24 de febreiro de 2023 publicáronse no web de Función Pública as baremacións provisionais da fase de concurso dos seguintes procesos selectivos.

  • GRUPO C2 ESCALA 207S - EMISORISTA/VIXIANTE FIXO/A
  • GRUPO C2 ESCALA 207T - BOMBEIRO FORESTAL-CONDUTOR/A MOTOBOMBA
  • GRUPO C2 ESCALA 207U - BOMBEIRO/A FORESTAL

Tras recibir numerosas queixas, comprobamos que efectivamente eses listados están cheos de erros sistemáticos, polo que rexistramos un escrito dirixido a Función Pública e ao Presidente do Tribunal desas convocatorias, ademais de denuncialo na Mesa Xeral de Empregados Públicos.

  • Na especialidade de emisorista/vixiante fixo/a non se valorou a experiencia coma vixilante/a fixo/a.
  • Nalgúns casos (e noutros non), baremaron os tempos de inactividade de persoal fixo-descontinuo.
  • Non valoran o tempo traballado nos concellos aínda que as bases destes procesos establecen que se debe computar.
  • Rebaixas rechamantes no cómputo de servizos prestados onde persoas que tiñan unha puntuación elevada nas listas de contratación por exemplo, aparecen case sen puntos. 


Unha OEP do 2018 convocada no 2019 e aínda andamos nestas leas: Que o fagan ben xa!

É incomprensible coma despois dun ano esperando por esta baremación pode ter tal cantidade de erros. Todo isto vai supor a reclamación masiva das puntuacións provisionais e un novo atraso do proceso, convocado no 2019 e ofertado no 2018, hai case 5 anos. Esperemos que detecten as eivas e as corrixan canto antes, para non obrigar a todas as persoas aspirantes a presentar reclamación.

Para calquera cuestión ponte en contacto coa CIG, e non te despistes o prazo de reclamación individual da puntuación deste baremos provisional que comezará cando saia publicado no DOG (nos vindeiros días).

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...