Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos a previsión de datas de exame dos procesos selectivos das escalas sanitarias (Lei 17/89). Para todos eles, a previsión é que serán na terceira semana do mes de xuño, en Silleda. Estas con as clases das escalas sanitarias afectadas:

  • Clase Farmacéutico/a Inspector/a de Saúde Pública
  • Clase Inspector/a Farmacéutico/a
  • Clase Inspector/a Médico/a
  • Clase Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas
  • Clase Licenciado/a en Ciencias Químicas
  • Clase Licenciado/a en Farmacia
  • Clase Licenciado/a en Medicina e Cirurxía
  • Clase Licenciado/a en Psicoloxía
  • Clase ATS/DUE
  • Clase Subinspector/a Sanitario/a

A convocatoria deste proceso fora publicada no DOG do 09/12/2021. Nela recollían con dilixencia as prazas das ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021. Durante a negociación da convocatoria, a CIG insistiu en que engadiran a previsión da data de realización do primeiro exercicio, algo ao que se negaron. 

Ao longo do 2022 a CIG teimaba en que nos deran as previsións de datas. Chegou o 23/06/2022 e publicaron en DOG a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Pero seguían sen dar datas de realización do primeiro exercicio.

Chegou decembro de 2022, e levamos a sorpresa de que decidiron modificar a convocatoria para engadir unhas prazas da OEP do 2022 (DOG 04/01/2023). Esto implicaba a reapertura do prazo de solicitude de participación e novos listados provisionais e definitivos de persoas admitidas e excluidas. 

Total, que con este comunicado apuntan a que o primeiro exercicio será en xuño do 2023. É dicir, ano e medio despois da convocatoria. PARABÉNS pola boa xestión.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...