Novas por contido

O pasado 23 de maio a EGAP publicou no DOG uns novos criterios para o acceso á formación. Como xa adiantabamos en decembro, na última xuntanza do Consello Reitor a EGAP xa anunciara un cambio nos criterios de acceso á formación que imparte, coincidindo co remate de prazos para que os cursos da EGAP sexan valorados nos procesos de estabilización convocados este mesmo decembro de 2022.

A motivación para facer cambios nos criterios sae da xurisprudencia ao respecto que impide a discriminación na selección do persoal en función do tipo contractual, tal e como indicaron dende a Escola, pero que, non obstante, non se menciona nas motivacións dadas no DOG.

Por outra banda, os novos criterios seguen sen atender a ningún tipo de perspectiva de xénero, dado que a EGAP até a actualidade non fixo ningunha diagnose previa para coñecer cal é a situación real de xénero que temos no eido da formación, tal e como establece a normativa estatal de igualdade xa hai máis dunha década. E non só iso, senón que ademais o pouco que hai elimínao ou empeórao. Así, a EGAP indicou en decembro que eliminaba a preferencia do persoal con dificultades de conciliación para acceder á teleformación, argumentando que agora xa case todos os cursos teñen esa modalidade.

Así e todo, e a pesar do anuncio feito en decembro de 2022, a EGAP continúa durante todo o primeiro semestre de 2023 a seleccionar o persoal mediante os criterios obsoletos do ano 2008, manténdoos sen actualizar durante cinco meses máis.

Porén, unha vez publicados no DOG estes novos criterios, comprobamos que non se corresponden cos expostos pola Escola en decembro de 2022, e que aínda que hai certas melloras impulsadas pola xurisprudencia, tamén se manteñen outros criterios xa existentes para empeoralos, que se dividen os criterios en xerais e específicos (datos que non se aclararon anteriormente nin se detalla en que orde se van aplicar), e que se dilata a entrada en vigor outros tres meses desde a data de publicación no DOG.

En concreto a EGAP impón unha penosidade extra ás persoas que tiveron un permiso por conciliación e obriga para ter a compensación do 5% (e que antes era dun 20%) do baremo a non ter obtido ningún curso nos dous últimos anos, transgredindo así non só a normativa de igualdade, senón as propias políticas aprobadas polo Consello Reitor.

Ademais faltan por publicar as porcentaxes de baremación de cada área para poder ter unha verdadeira transparencia á hora de acadar un curso de formación.

Criterios DOG 2008 Criterios EGAP Consello Reitor decembro 2022 Criterios DOG 23 maio 2023 Observacións

 

Non aplican a perspectiva de xénero para garantir a igualdade no eido da formación.

 

Sen cambios: inaplicación da perspectiva de xénero aos criterios.

 

Sen cambios: inaplicación da perspectiva de xénero aos criterios.

A elaboración dos novos criterios e a orde de aplicación ignora a perspectiva de xénero, non responde a un estudo previo da situación nin busca solucionar desigualdades ou discriminacións na formación, tal e como establece a normativa de igualdade en materia de formación.

Prioridade das persoas empregadas públicas fixas sobre as empregadas públicas temporais.

Criterio suprimido a partir de 2023.

                                    -

Criterio discriminatorio eliminado debido á xurisprudencia ao respecto.

Antigüidade Criterio suprimido a partir de 2023.                                     - Criterio discriminatorio eliminado debido á xurisprudencia ao respecto.

 

 

Prioridade na teleformación para persoas que acrediten dificultades de acceso á formación presencial.

 

 

Criterio suprimido a partir de 2023.



                     

                                   -

Criterio en materia de xénero adoptado incumprindo a normativa de igualdade. Este criterio debería ter sido implementado previa negociación coa representación do persoal, e debe aterse ao establecido nun plan de igualdade, previa diagnose da situación.

A EGAP argumenta que dado que a maioría dos cursos son de teleformación non fai falla este criterio.

Posibilidade de limitar o acceso aos cursos a certos alumnos no caso de que se detecte un exceso de participantes dunha determinada consellería ou departamento.

Criterio suprimido a partir de 2023.




                             -
 

 

 

Relación entre o contido do curso e o posto de traballo

 

 

Criterio que se mantén sen cambios a partir de 2023.

             1º CRITERIO XERAL

En primeiro lugar terán preferencia para ser admitidos/as aqueles/as solicitantes que realicen tarefas ou desempeñen funcións directamente relacionadas co contido do curso. Cada convocatoria estipulará a forma de acreditarse a concorrencia deste criterio, de ser necesario. Este criterio non será de aplicación nos cursos cualificados como transversais, por ser de interese para todo o persoal empregado público.

 

 

 

Horas de formación en cursos recibidas ou recoñecidas pola EGAP nos dous últimos anos contados desde a data de publicación da convocatoria.

 

Horas de formación en cursos recibidas ou recoñecidas pola EGAP no ano natural inmediatamente anterior.

Horas de formación dos cursos para os que a persoa interesada teña sido seleccionada no ano en curso (que se ponderará coas horas de formación recibidas no ano natural inmediatamente anterior).

       2º CRITERIO XERAL

No caso de que, logo de aplicar o criterio anterior, exista un número de solicitudes superior ao de prazas ofertadas, para a determinación das persoas que deban ser seleccionadas no curso aplicarase un baremo en virtude do cal se ponderarán as horas de formación recibidas ou recoñecidas pola EGAP no ano natural inmediatamente anterior, coas horas de formación das actividades para as que a persoa interesada teña sido seleccionada pola EGAP no ano en curso. Tendo en conta este criterio, resultarán seleccionadas as persoas que sumen un menor número de horas de formación.

 

 

Criterio inexistente.

 

Menor número de actividades académicas realizadas nos últimos cinco anos.

            3º CRITERIO XERAL

Se tras a aplicación dos anteriores criterios, houbese empates, estes desfaranse a favor do solicitante que tivera menos actividades académicas cursadas nos últimos cinco anos.

 

 

Criterio inexistente.

 

Orde alfabética de acordo co sorteo que celebra anualmente a Dirección Xeral da Función Pública para decidir a orde de actuación dos aspirantes en todas as probas selectivas.

           4º CRITERIO XERAL

Se atendendo ao anterior criterio se producise novamente un empate, acudirase ao criterio da orde alfabética de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

 

 

Reserva dunha cota non inferior ao 5% para persoas discapacitadas.

 

Reserva dunha cota non inferior ao 7% para persoas con discapacidade.

        5º CRITERIO XERAL

En todos os cursos do plan de formación continua reservarase unha cota non inferior ao 7 % para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, que cumpran os requisitos obxectivos para ser destinatario da actividade. No caso de cursos que conten con varias edicións, as persoas con discapacidade admitidas poderán solicitar á EGAP a alteración da orde de prelación para seleccionaren localidade por motivos de dependencia persoal, dificultade de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditadas.

 

 

Adición dunha puntuación dun 20% para as persoas que tivesen gozado nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada por conciliación ou unha excedencia por coidado de familiares.

 

Adición dunha puntuación dun 5% para as persoas que tivesen gozado nos dous últimos anos dun permiso por motivos de conciliación da vida laboral, familiar e persoal e dunha excedencia por coidado de familiares.

                 6º CRITERIO XERAL

Terán dereito preferente a ser seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, non fixesen cursos por ter desfrutado dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou dunha excedencia para o coidado de familiares. Para este fin, concederáselles a estas persoas unha puntuación adicional dun 5 % nos baremos que se apliquen para a selección.

 

Inclusión directa no DOG sen ter presentado este criterio no Consello Reitor de decembro de 2022: non ter feito cursos nos dous anos anteriores á solicitude.

Criterios en materia de xénero adoptados incumprindo a normativa de igualdade. Estes criterios e a orde de preferencia deberían ter sido implementados previa negociación coa representación do persoal, e deben aterse ao establecido nun plan de igualdade, previa diagnose da situación.

 

 

Criterios determinados en cada convocatoria.

 

 

Criterio de 2008 sen cambios.

              1º CRITERIO ESPECÍFICO

No caso de determinados cursos, conferencias, xornadas, seminarios, mesas redondas, congresos e participación en grupos de traballo, en función das características da acción formativa, dos seus destinatarios, obxectivos, eficacia, así como do interese da propia Administración, a EGAP poderá establecer na convocatoria criterios de selección específicos en substitución dos criterios xerais recollidos na anterior epígrafe.

 

 

 

Criterio inexistente.

 

Preferencia daquel persoal que tivese superado o nivel inmediatamente anterior no caso daqueles cursos que estean estruturados en varios niveis (coa posibilidade de reservar unha cota para aquelas persoas que, sen ter cursado o dito nivel anterior, acrediten posuír os coñecementos necesarios para participar no curso).

           2º CRITERIO ESPECÍFICO

No caso daqueles cursos que estean estruturados en varios niveis, terá preferencia para ser seleccionado aquel persoal que tivese superado o nivel inmediatamente anterior. Sen prexuízo do anterior, en cada convocatoria deste tipo de cursos poderase fixar unha cota das prazas ofertadas que se reservará para aquelas persoas que, sen ter cursado o dito nivel anterior, acrediten posuír os coñecementos necesarios para participar no curso.

 

 

 

Criterio inexistente.

 

 

Criterio inexistente.

        3º CRITERIO ESPECÍFICO

En caso de erros producidos durante a selección de participantes que non poidan ser emendados antes do inicio do curso de que se trate, a EGAP aplicará mecanismos de compensación para as persoas afectadas. Para este fin, poderán ser admitidas na seguinte edición do curso en cuestión ou no seguinte curso análogo que se convoque.

 

Criterio non incluido nos cambios presentados ao Consello Reitor de decembro de 2022.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.