Novas por contido

A Comisión de Persoal aproba as novas brigadas helitransportadas públicas, unha demanda histórica da CIG, pero son helitransportadas “de segunda” en comparación coas privadas

A dirección política da Administración galega volve a facer valer a súa forza e aprobou este 6 de xuño a relación de postos de traballo (RPT) das novas brigadas helitransportadas. Nesta xornada, na que tivemos unha Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal, non aceptaron nin unha soa alegación. Tanto lles deu porque, aínda que a maioría sindical demos o noso voto negativo, si lle aceptaron CCOO e UGT. Para mais, as prazas xa están penduradas en comisión de servizos dende o día 5 de xuño.

1. BH “LIXEIRAS”: MINIS E SEN TÉCNICO/A

As novas brigadas helitransportadas lixeiras proveñen da extinción do contrato privado, máis mudan helicópteros medios por lixeiros con menos persoal.

Non o fan por unha cuestión de cartos nin de imposibilidade legal. A lei de orzamentos deixa claro que non computa taxa de reposición e que se pode contratar o mesmo persoal que se extingue na privada. Entón, porque veñen coas rebaixas? Pasan de 11 a 7 bombeiros/as (máximo) e se cargan o/a técnico/a de base. Pedímoslle os datos económicos para ver o aforro que supón recuperar o servizo público, e os do emprego neto (postos destruídos e postos creados), ata en tres ocasións e non respostaron. Que nos agachan?

2. POSTOS ITINERANTES

O persoal vixilante-emisorista vai trasladarse de centro de traballo dependendo da activación do helicóptero sen lles compensar a itinerancia.

3. NIVEIS DIFERENTES

As prazas novas do persoal bombeiro das BH son de persoal funcionarios e póñenlle un complemento de destino superior (nivel) que ao resto de compañeiros/as doutras helitransportadas e que ao persoal de terra. O plus de helitransportada tiña que vir no complemento específico pero non o fan porque estes complementos teñen que meterse nun Acordo de condicións de traballo (non queren que funcionaricemos con dereitos laborais).

4. É UNHA PROPOSTA INCONGRUENTE

O director xeral de Defensa do Monte vende e da discursos mentres fai xusto o contrario: di que “a tendencia e pasar de helicópteros lixeiros a medios” e contrata lixeiros con brigadas pequenas. Di que vai “reforzar o servizo” e o que fai é rebaixalo cargándose acordos previos como o de transformar as prazas vacantes de oficial a bombeiro-conductor, e deixando as brigadas de terra sen un compañeiro/a.

5. PERDEMOS EN SEGURIDADE

Brigadas máis pequenas que son máis inseguras, onde o xefe/a de brigada vai ter que asumir responsabilidades do técnico/a e para colmo helicópteros que cargan moita menos auga.

6. IMPONSE UN REQUISITO NOVO: A PROBA FÍSICA “PACK TEST”

Esta proba non foi negociada, non esta normativizada e non esta nin no convenio. Non podemos tragar coa imposición dun requisito así, aínda que polo de agora só o van esixir no acceso Se tragamos isto... cal será o seguinte prato?

Na CIG loitamos por un servizo 100% público e de calidade polo que non podemos quedar a medias con helitransportadas de “mercadillo”.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...