Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un segundo borrador do concurso de traslados de Administración especial, con indicación de que podemos enviar novas alegacións ata o 6 de setembro (contacta coa CIG).

Os tres cambios que presentan neste segundo borrador foron parte das alegacións presentadas pola CIG:

  • Engaden a posibilidade de participar no concurso a quen se encontre en excedencia por agrupación familiar e por coidado de familiar.

  • Retiran o límite de antigüidade dos cursos para aceptalos. O DXFP anunciou na Comisión de Persoal do martes 1 de agosto, que aceptan isto en consideración polo tempo que vai dende o anterior concurso, pero que o seu criterio para futuros concursos é poñer un límite temporal aos cursos, algo que rexeita a CIG.

  • En titulación académica, engaden a de técnico superior.

Fan cambios tamén coa redacción da elección dos postos das persoas que están a dispor ou en adscrición provisional. Pero aquí líanse, xa que non coincide a redacción da LEPG co Decreto de mobilidade (151/2022).

Non fan cambios na maioría dos aspectos que a CIG alegou, e que mantemos:

  • O primeiro é que este concurso de Administración especial queremos que sea para a totalidade das escalas, non dunha selección delas que aínda non está definida (o DXFP segue a falar de enxeñarías, escalas de Política Social, veterinarios/as, e algunha outra que comparta postos). A isto engadimos que queremos un compromiso de que convoquen os concursos de traslados para a totalidade de escalas e corpos xerais, de xeito que poidan estas rematados a 31/12/2024.

  • Tampouco fan cambios na valoración dos méritos, que nalgúns casos quedan curtos (31 anos para o máximo de antigüidade), e noutros son excesivamente desequilibrantes (grao, traballo desenvolvido, méritos específicos, ..).

  • Na formación non queremos o máximo de horas por curso, e si á ampliación das entidades formadoras, incluíndo as escolas oficiais de idiomas, universidades, D.X. de formación, SEPE.

  • A permanencia no posto vai ser outro atranco, xa que o máximo obtense con 11 anos, cando o anterior concurso rematou fai 9 (en 2014), polo que os efectos deste mérito van quedar en nada xa que case non existirá diferenza entre as persoas.

  • Rexeitamos a valoración das comisións de servizo por ser a súa concesión a dedo. Mentres non teñamos un sistema de provisión temporal que sexa obxectivo, esiximos que se valore como tempo prestado no posto de orixe.

A previsión é retomar as negociacións e aprobar as bases en setembro.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...