Novas por contido

Negociación das novas convocatorias para solicitar o complemento de desempeño ou a carreira administrativa, pero con moitas restricións


A Xunta, CCOO e UGT deseñaron unha carreira profesional no 2019 excluíndo a parte do persoal empregado público (interinos, temporais, indefinidos) e chantaxeando para cobrala (laborais fixos que non se querían funcionarizar).

Despois de perder sentenza tras sentenza (tanto as da CIG como individuais), sacáronse da manga un novo acordo cambiando o nome de carreira profesional por “carreira administrativa” para o persoal funcionario e “complemento de desempeño” para o persoal laboral, a ver se colaba.

No 2022 no canto de recoñecer o dereito dende o 2019 ao persoal que decidiran excluír, só lle deron acceso ao grao I. E con este modelo proposto agora NON amañan esta desfeita.

Neste caso vaise dar acceso ao sistema de carreira:

Ao grao I, ao persoal funcionario e laboral que teña 5 anos de servizos a 31/12/2023 e non teña recoñecido ese grao.
Ao grao II, ao persoal funcionario de carreira e laborais fixos, que teñan 11 anos de servizos prestados e tiveran recoñecido o grao I no 2019.

Ao persoal ao que lle denegaron a carreira no 2022 por non valorar a antigüidade noutras administracións.

Non se lle vai dar acceso:

Ao grao I, ao persoal funcionario e laboral que non cumpra 5 anos de servizos ou non cumpra os criterios (40 horas de formación, fundamentalmente).
Ao grao II, ao persoal funcionario de carreira e laborais fixos, que non cumpra 11 anos de servizos ou non cumpra os criterios (40 horas de formación, fundamentalmente).
Ao grao II, ao persoal funcionario interino, laboral temporal e indefinido (excepto casos moi contados que teñen sentenza individual).

Ao persoal ao que lle deron algún grao de carreira no 2022.

Se lle vai dar acceso condicionado:

Á maior parte do persoal laboral fixo que se lle esixe funcionarizarse.


Dende a CIG plantexamos basicamente 3 cousas:

1. Que cumpran a sentenza da CIG e non esperen á resolución do incidente de execución e lle dean acceso A TODO O MUNDO sen discriminación que cumpra os requisitos de tempo de permanencia e criterios (fundamentalmente formación).

2. Que establezan o sistema extraordinario aberto e automático e permanente que a CIG xa plantexou no 2019 similar ao que ten o persoal docente (sexenios). onde cando unha persoa cumpre un determinado número de anos e outros requisitos automaticamente pasa a cobrar o grao que lle corresponda.

3. Que retiren a chantaxe ao persoal laboral fixo que non queira funcionarizarse

O que seguimos sen entender é que algúns sindicatos sigan aplaudindo un modelo restritivo ou sigan ameazando en volver promover a suspensión da carreira durante un ano como xa fixeron con anterioridade.

Dende a CIG imos seguir promovendo e loitando por un sistema que inclúa a todo o mundo, áxil, automático e que teña en conta a totalidade da vida laboral para situar a cada persoa no grao que lle corresponda segundo a antigüidade, incluindo claro está o grao IV canto antes. O venres 22 de decembro tratarase na Comisión de Persoal e informaremos máis detalladamente das convocatorias.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...