Novas por contido

Estas ordes de carreira aprobadas na Comisión de Persoal do día 22/12/2023, abren un novo prazo do sistema extraordinario para as persoas que non cumprían os requisitos de formación ou antigüidade no ano 2019 e 2022, ou que, cumprindo os requisitos non a solicitaron. Pero ollo, non o fan de xeito absoluto e deixan fora a moito persoal.

• Se es interino ou temporal con máis de 11 anos de servizos e concedéronche o grao I no 2022, non vas poder solicitar o grao II. (De feito, dos case 4.000 interinos e temporais que poden solicitar a carreira tan só 13 van poder solicitar o grao II).

• Se es funcionario de carreira ou laboral fixo con máis de 11 anos de servizos e non solicitaches o grao I no 2019 e obtivéchelo no 2022, tampouco vas poder solicitar o grao II agora.

• Se es laboral fixo que non se quixo funcionarizar e paralizáronche o cobro dos graos I e/ou II seguen esixíndoche que te funcionarices.


Propuxemos instaurar a carreira ordinaria e encaixala co sistema extraordinario aberto, permanente e automático para todo o persoal, sen exclusións e pagando os atrasos ao persoal ao que se lles negou no 2019. Pero Función Pública sigue tirando para adiante co apoio doutras organizacións, cun modelo fracasado, discriminatorio e que non executa as sentenzas. Preguntámonos, por que cada vez que a CIG pon solucións enriba da mesa eles prefiren seguir arrastrando os problemas do pasado.


Explicamos por que estes modelos de carreira (carreira administrativa e complemento de desempeño) seguen a ser excluíntes e discriminatorios porque:

1. Non son unha corrección da carreira do 2021 xa que non recuperan nin as cantidades nin o tempo que paralizaron a carreira, nin tampouco ao persoal que lla retiraron por non funcionarizarse, nin ao que expulsaron do sistema por ter antigüidade doutras administracións.

2. Deixan outra vez fóra ao persoal laboral fixo ao que condiciona coa chantaxe da funcionarización.

3. Non permiten ir acolléndose ao segundo grao ao persoal funcionario interino e laboral temporal que deixaron fora no 2019 nin cumpre a sentenza na sua totalidade recuperando as cantidades dos anos que os tiveron excluídos.

4. Non solucionan a grande eiva do sistema: non deseñan unha carreira automática e universal na que, unha vez cumpridos os requisitos de avaliación e antigüidade, se conceda o grao correspondente.


Dito isto, non por ser habitual deixa de sorprender a facilidade que ten Función Pública para contar con algúns sindicatos para restrinxir dereitos: desta volta ao director xeral de Función Pública só lle levou tres días conseguir o voto favorable dos mariachis de turno a uns borradores iniciais que foron aprobados tal e como nolos achegaron, sen mover nin unha coma.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...