Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos os borradores das convocatorias dos procesos selectivos de acceso libre e de promoción interna ás seguintes escalas de persoal funcionario, con prazo para que presentemos alegacións ata o día 8 de xaneiro. As convocatorias de promoción interna separada serán mediante concurso-oposición; as convocatorias de acceso libre (e promoción interna conxunta), serán mediante oposición. Si é do teu interese, contacta coa CIG.

ACCESO LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA
 Grupo Escala (preme para descarga) Total prazas Promoción interna Discap.xeral Discap.intelectual Ano da OEP
A1 Sup. de Finanzas 17 5 2   2021, 2023
A1 Bioloxía 14 4 1   2021
A1 Veterinario/a 93 24 13   2021, 2022, 2023
A1 Medicina 29 8 2   2021, 2022, 2023
A2 Téc. de Finanzas 18 5 1   2021, 2023
A2 Subinspecc.Urbanística 2 1     2021
A2 Educador/a social 21 6 1   2021, 2023
A2 Enfermaría 42 11 4   2021, 2022, 2023
AP Subalterno/a 19     19 2021, 2022
PROMOCIÓN INTERNA SEPARADA
Grupo Escala (preme para descargar) Total prazas    Discap.xeral   Ano da OEP
A1 Enx. Agronómica 10   1   2021
A1 Enx. Industrial 2       2021
A1 Enx. Minas 2       2021
A1 Enx. Montes 10   1   2021
A1 Sup. Finanzas 8       2021
A1 Sistemas e tec. da información 8       2021
A2 Enx. Téc. Agrícola 2       2021
A2 Enx. Téc. Obras públicas 3       2021
A2 Enx. Téc. Forestal 2       2021
A2 Xestión de sistemas de informática 8       2021
A2 Inspección de consumo 2       2021

Lembramos que uns días antes enviaran para alegar os borradores dos procesos selectivos de: xerocultor/a, PSX, aux. de laboratorio, educación infantil e inspección de turismo.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...