Novas por contido

No DOG do 08/01/2024 publican o ANUNCIO do 28 de decembro de 2023 polo que se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2024 de pase á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro/a forestal do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellaría de Economía, Emprego e Industria.

Poden solicitar o pase á segunda actividade os traballadores fixos e temporais das categorías de bombeiros/as forestais que fagan ou teñan feitos xa no ano 2024 os 60 anos de idade, que non estean acollidos á xubilación parcial e que se comprometan a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de seren maiores de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo do anexo II os postos de traballo que figuran no anexo I deste anuncio dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición, sempre que cumpran os requisitos específicos do posto de traballo. De non haber postos dentro da súa comarca, poderán solicitar o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios, e poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades ou adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel en que prestan servizos.

As solicitudes (anexo II) deberán ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III) e remitiránselle á Consellaría do Medio Rural, que será a competente para realizarlle a proposta de adscrición á segunda actividade á Dirección Xeral da Función Pública, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

O prazo de solicitude será desde o día seguinte á publicación no DOG ata o día 31 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...