Novas por contido

O director xeral de Función Pública (DXFP) convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o venres 12 de xaneiro, ondese van discutir as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna (conxunta con libre), a maioría correspondentes á OEP do 2021 (as convocatorias de promoción interna separada que están enriba da mesa, serán discutidas para a semana que ven).

Segundo informou o DXFP, teñen a intención de aprobalos na Comisión de Persoal que sería como moi pronto o venres 19, engadindo que en todo caso queren publicalos en DOG neste mes de xaneiro (polas eleccións, febreiro sería complicado).

A CIG presentou alegacións escritas aos borradores iniciais o luns 8. Son alegacións polo miudo, extensas, polo que da xuntanza previa que tivemos este mércores 10, destacamos unha selección de ideas:

  • Forma de acceso: concurso-oposición
  • Promoción interna: separada do acceso libre, vertical e horizontal dende calquera escala
  • Primeiro exercicio aos 6 meses (non nos vale o "non antes de 6 meses", xa que incumpren sistemáticamente o pactado, chegando a duplicar as previsións).
  • Nos exercicios con dúas partes: que non haxa corte en cada parte
  • Non temas. Non exame oral. Non lectura. Todas as probas tipo test (cuestionarios e supostos prácticos)
  • Indicar corte en todos os exercicios.
  • Programa: normas de dereito. Se van temas, que editen manuais ou publiquen referencias bibliográficas
  • Para poder dar destino definitivo, convocar os concursos de traslados
  • En promoción interna non obrigar a permanecer no posto se está aberto. Buscar a maneira de recualificar os postos ou facilitar a localidade
  • En A1-Bioloxía unir as outras 10 prazas pendentes (OEP-2022)
  • En finanzas, si meten prácticas, que cobren o 100% das retribucións complementarias.

O DXFP comunica unha serie de cambios que aceptan ou que están a valorar:

  • En veterinarios/as, decidiron repartir a oferta en dúas convocatorias diferentes, unha mediante concurso-oposición (38 prazas da OEP-2021), e outra mediante oposición (55 prazas das OEP-2022 e 2023). Advirte que en todo caso, a data do primeiro exercicio será simultanea para os dous procesos.
  • En finanzas prevé facer algúns axustes no programa e valorarán si gardar ou non o aprobado dalgún exame para convocatorias de anos seguintes. Tamén valorarán si reconverter o periodo de prácticas nun curso da EGAP.
  • Afirma o DXFP que non acepta facer un cambio de modelo, deixando esta cuestión para discutir no 2025 (se continúan no goberno, di), pero en todo caso, non ve ideneas as probas exclusivamente tipo test para grupos altos.

Na Mesa Sectorial do venres, haberá máis información.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.