Novas por contido

No DOG do 02/09/2022 publican a ORDE do 29 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de marzo de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galiza, e se regula a desistencia das solicitudes presentadas no procedemento iniciado ao abeiro dela.

Cómpre modificar a referida Orde do 25 de marzo de 2015 coa seguinte finalidade:

a) Corrixir o número e a denominación dos postos relacionados no anexo I-B.

b) Dotar dunha maior seguridade xurídica o procedemento de integración, abrir un novo prazo para que o persoal poida desistir da súa solicitude de integración, dado que desde a publicación da orde de inicio do procedemento se introduciron modificacións nas relacións xurídico-laborais do persoal afectado pola integración a través do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, que o persoal que presentara solicitudes de integración no puido ter en conta no seu momento.

c) Posibilitar a continuación do procedemento iniciado coas solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2015.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...