Novas por contido

No DOG do 30/06/2023 publican a ORDE do 23 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 e 12 de maio de 2021.

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza.

A data de sinatura deste acordo de extinción será o 30 de xuño de 2023. A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Os efectos administrativos da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicarán o cambio do vínculo xurídico coa Administración, serán o 1 de xullo de 2023.

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido na presente orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que aquí se relacionan.

– Corpo superior de Administración xeral, subgrupo A1. Categoría 31 (titulado/a superior de formación ocupacional)

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica. Categoría 03 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a)

– Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal subalterno. Categoría 03 (ordenanza, celador/a..)

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...