Novas por contido

No DOG do 24/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 24/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos.

- RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

No DOG do 24/04/2023 o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se nomean persoal laboral fixo nas categorías de titulado/a superior en Bioloxía (grupo I, categoría 10), técnico/a especialista en informática (grupo III, categoría 93) e auxiliar administrativo (grupo IV, categoría 1) as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (25ª convocatoria).

Nomean persoal laboral fixo do Intecmar as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan na proposta formulada pola Comisión de Selección na Resolución do 5 de abril de 2023, publicada no portal web do Intecmar, ordenada de acordo coa puntuación final obtida e que se xunta como anexo a esta resolución.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo disporán do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

No DOG do 24/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 20 de abril de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación na agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (especialidade de persoal de limpeza e cociña).

Ordenan a súa publicación no DOG para os efectos da entrada en vigor o 30 de abril de 2023.

No DOG do 21/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado por Resolución desta dirección xeral do 27 de decembro de 2022 para o ingreso nas clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a médico/a e subinspector/a sanitario/a.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, nas distintas clases, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

No DOG do 21/04/2023 Galiza Calidade S.A.U. publica o ANUNCIO do 17 de abril de 2023 polo que se publican as listaxes definitivas das persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías desta entidade instrumental.

No DOG do 21/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2023 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

- RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2023 pola que se desestiman determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

No DOG do 21/04/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se convocan tres webinarios sobre boas prácticas na xestión pública, mellora regulatoria e regulación intelixente: instrumentos de simplificación e redución de cargas administrativas para a dinamización económica.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como ao persoal empregado público da Administración local de Galiza.

Os prazos para a inscrición serán os seguintes:

• Para o webinario 1, que se desenvolverá o día 8 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 2 maio de 2023.

• Para o webinario 2, que se desenvolverá o día 22 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 15 maio de 2023.

• Para o webinario 3, que se desenvolverá o día 29 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 24 maio de 2023.

No DOG do 20/04/2023 Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. publica o ANUNCIO polo que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No DOG do 19/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...