Novas por contido

No DOG do 25/05/2023 a Fundación Cidade da Cultura de Galiza publica o ANUNCIO do 16 de maio de 2023 polo que se fai público o resultado da proba de coñecemento de lingua galega, no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (DOG número 248, do 30 de decembro).

No DOG do 25/05/2023 publican o DECRETO 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Economía, Industria e Innovación.

No DOG do 24/05/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 10 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 17 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na sala de lectura da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado por Resolución do 16 de decembro de 2021, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 17 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 11 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

No DOG do 24/05/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 11 de maio de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade.

- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 11 de maio de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza.

No DOG do 23/05/2023 o Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación Cetmar publica o ANUNCIO polo que se publican a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal temporal.

No DOG do 23/05/2023 a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publica o ANUNCIO do 9 de maio de 2023 sobre a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

No DOG do 23/05/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023 pola que se convoca o curso monográfico Axustes de contabilidade nacional en contas autonómicas.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte a da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 29 de maio de 2023.

No DOG do 23/05/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas.

No DOG do 22/05/2023 o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza ANUNCIA a publicación das listas definitivas de admitidos/as e composición dos membros do tribunal no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No DOG do 22/05/2023 publican a RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...