Novas por contido

No DOG do 12/04/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023 pola que se convoca o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 20 de abril de 2023.

No DOG do 11/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 10/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 10/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, as baremacións definitivas da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

No DOG do 10/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 30 de marzo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Política Social e Xuventude.

No DOG do 05/04/2023 a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galiza publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte laboral ao da publicación deste anuncio no DOG.

No DOG do 05/04/2023 publican:

- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: ANUNCIO do 27 de marzo de 2023, sobre a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

- Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza: ANUNCIO da publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/ as no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No DOG do 05/04/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican a cualificación obtida pola persoa aspirante presentada o 27 de marzo de 2023 ao terceiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 05/04/2023 o Parlamento de Galiza publica o ACORDO do 20 de marzo de 2023 polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2023.

No DOG do 04/04/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOGnúmero 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica.

- RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica.

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...