Novas por contido

Dende a CIG levamos anos poñendo en alerta á Consellaría de Medio Rural do novo escenario que presenta a actual tipoloxía dos incendios forestais, cunha evolución máis complexa e con maior capacidade destrutiva. Os lumes de interface son cada vez máis habituais e todo indica que van ir en aumento dado que os condicionantes que os orixinan non son atallados e tamén van en aumento.

Os índices FWI (Fire Weahter Index) que se producen en moitas zonas do país, sitúanse con frecuencia por riba do 39% o que quere dicir que sobrepasan (ou poñen ao límite) a capacidade de calquera dispositivo de prevención e extinción.

O actual mapa dos incendios forestais condúcenos a megaincendios con potencias caloríficas que superan os 15 000 kv/hora.

Neste novo escenario cumpre atacar as tres circunstancias de orixe e básicas:

  1. Actuar sobre o abandono do rural. É imprescindíbel retornar á paisaxe mosaico de maior resistencia ao lume e reducir ou aliminar os monocultivos de especies pirófitas.
  2. Unha maior profesionalización e formación dos dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais
  3. Unha prevención axeitada e un uso ponderado das queimas controladas para reducir as cargas de combustíbel
  4. Mellorar a rapidez na resposta e a calidade da mesma mediante intervención na fase inicial que é cando se poden reducir a meirande parte dos perigos

O sistema galego de brigadas helitransportadas funcionou ben na década dos 90 e primeiros anos deste século. O MAGRAMA indica que nos últimos anos aínda que diminúen o número de lumes aumenta o número de hectáreas por incendio.

Dende a CIG prantexamos como mellorar a actual sistema de brigadas helitransportadas aproveitando a enorme experiencia acumulada polos traballadores do dispositivo da Xunta de Galiza e consideramos que deberan ir acompañadas de técnicos funcionarios públicos experimentados, xa que reforzaría a dirección da extinción dos incendios ao permitir adaptarse a un escenario cambiante á par de supoñer un evidente aforro económico.

A CIG, pois, solicita que a contratación de brigadas helitransportadas sexa asumida en exclusiva pola Xunta de Galiza co obxectivo de avanzar cara un sistema onde todos os helicópteros transporten unicamente brigadas conformadas por bombeiros forestais do SPDCIF. Indicamos que este sistema xa se levou a cabo por gobernos do Partido Popular no pasado e que, dende a chegada de Feijoo, se afondou na externalización destes recursos.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...